Viveiro, 25 de setembro, 2026. O BNG de Viveiro manifestou o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de continuar coa licitación para redactar o proxecto da variante leste de Viveiro. A portavoz municipal e candidata á alcaldía, Iria Cotelo, asegura que o Goberno galego “vai na dirección errada” e pide que non se destinen máis recursos públicos a un proxecto que, ao seu xuízo, “non vai resolver as necesidades reais de Viveiro”.
O BNG defende proxectos previos máis completos
Cotelo lembra que existen estudos e proxectos “moito máis ambiciosos e resolutivos”, elaborados no marco da VAC Costa Norte, e que permanecen arquivados nas dependencias municipais. Entre eles cita:
– Estudo Informativo San Cibrao–Ferrol (2003)
– Proxecto de Trazado e Estudo de Impacto Ambiental San Cibrao–O Barqueiro (2010)
A candidata nacionalista considera “incomprensible” que a Xunta descartase estas alternativas “sen explicacións cribles”.
Críticas ao PP e advertencia sobre o impacto futuro
Cotelo afirma que “o Partido Popular está en débeda con Viveiro”, e critica que agora “simule facer algo” impulsando unha estrada “que non vai resolver o tráfico nin mellorar as comunicacións”. Para o BNG, a variante leste supón “un retroceso” e representa “unha estrada do século XIX para os problemas do século XXI”.
Tamén censura a postura do PP local, que “celebra este retroceso como un éxito”, e asegura que a veciñanza “non está de acordo” coa proposta.
Posible impacto a longo prazo
O BNG advirte de que, se o proxecto continúa, pode converterse “nunha das maiores hipotecas para o desenvolvemento de Viveiro nas próximas décadas”, comparándoo co impacto que tivo no seu momento o desvío da A-8.
Alegacións sen resposta
Finalmente, Cotelo denuncia que a Xunta licitou o proxecto sen responder ás alegacións presentadas por colectivos, organizacións políticas e cidadanía, incluídas as do propio BNG. “É unha mostra máis de que pouco lles importa o que pensa a xente que vive aquí. Non se pode planificar o futuro de Viveiro ignorando ás persoas que van ter que soportar as consecuencias”, conclúe.





















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



