O pleno municipal aprobou, coa abstención do Partido Popular, que o concello reclame ao goberno galego “o 80% do recadado en Vilalba polo canon”
Vilalba, 25 de setembro de 2026. Os socialistas de Vilalba lamentan de novo a postura do PP no pleno municipal de onte, “no que respaldaron unha vez máis a discriminación da Xunta de Galicia aos nosos veciños e veciñas. Unha vergonza”.
O pleno aprobou, cos votos a favor de PSOE, Vilalba Aberta e BNG, unha moción na que se demanda á Xunta “un sistema público, regulado e transparente de distribución do canon da auga, baseado en criterios obxectivos e verificables”.
“O PP abstívose, dando as costas de novo aos intereses de Vilalba”, asegura Marta Rouco, alcaldesa e secretaria xeral do PSOE de Vilalba, “co argumento peregrino de que é necesario un criterio de reparto xusto e equilibrado da recadación, que é precisamente o que pide a moción”.
“O modelo actual decide os investimentos co único criterio dos intereses electorais do PP”, engade Rouco.
Entre os anos 2012 e 2025, a Xunta ingresou dous millóns de euros desde Vilalba polo canon e só investiu no concello 14.000 euros a través dunha subvención.
O pleno reclama coa moción de onte que “como mínimo, o Concello de Vilalba reciba o 80% desta recadación en investimentos relacionados coa mellora da eficiencia e da sostibilidade do ciclo da auga”.
No texto da moción, os socialistas lembran que “existen municipios que, a pesar de realizar unha elevada achega recadadora, non teñen recibido investimentos significativos con cargo a estes canons, mentres que outros concellos contan cunha presenza reiterada de convenios e actuacións financiadas pola Xunta”.
Os socialistas piden “un informe anual público, detallado e desagregado por concellos da distribución da recadación; temos que garantir que a asignación de recursos non estea condicionada por criterios partidistas nin por afinidades políticas, senón exclusivamente por parámetros técnicos, ambientais e de necesidade obxectiva”.
Educación
O PP votou onte tamén en contra dunha segunda moción do PSOE, na que reclamaba á Consellería de Educación que permita a matrícula no primeiro curso do Ciclo de Grao Básico de Informática de Oficina no IES Lois Peña Novo. Aprobouse cos votos a favor dos socialistas, Vilalba Aberta e BNG.
A Consellería de Educación da Xunta asegurou no mes de xullo que o primeiro curso do ciclo tiña autorización para comezar a pesar de non alcanzar o mínimo de oito matrículas, para posteriormente no mes de setembro suprimir esta autorización a moi poucos días do comezo do curso.
O PSOE de Vilalba censura “o comportamento da Consellería de Educación e nomeadamente do seu conselleiro, Román Rodríguez”, e solicita que “de xeito excepcional, e no presente curso escolar, se permita a matricula no primeiro curso do citado ciclo de informática”.



















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



