Ribadeo, 26 de setembro de 2026. Do 2 ao 4 de outubro celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 25 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 2 ao 4 de outubro terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón nas que participarán 25 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Área de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Esta é xa a oitava vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nalgunhas das campañas que lles propoñemos”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “grazas ao financiamento que nos aporta a Deputación podemos mercar e entregar de forma gratuíta arredor de 1.100 quilos de mexillón aos participantes así como facer a publicidade e promoción do evento. No tocante á Área de Mar é a terceira vez que coa súa axuda podemos levar a cabo unha acción desta características. As anteriores foron as xornadas da lura, que desenvolvemos no ano 2022, e as da ameixa no 2025. Este ano, percibimos da Área de Mar da Deputación de Lugo unha achega de 10.000 euros para levar a cabo esta actividade e a adquisición de envases de comida para levar. Con isto seguimos a remarcar unha liña de acción da nosa asociación para este tipo de eventos. Aportámoslles aos 25 locais participantes unha parte do produto que van empregar para elaborar as súas preparacións. Son, como diciamos, arredor de 1.100 quilos de mexillón, que se traduce nunhas 30.000 unidades deste bivalvo”.
Carmen Cruzado dixo que “as diferentes elaboracións poderán atoparse nas redes sociais de Acisa ao longo da vindeira semana, para a súa consulta e así coñecer as propostas de cada local. Son 25 establecementos os que ofrecerán as súas orixinais preparacións co mexillón como ingrediente principal de venres a domingo, do 2 ao 4 de outubro. Os locais participantes son: Ramonita, El Huerto, Parador, La Solana, Marinero, Galipizza, Porto de Rinlo, O Lar de Manolo, Barallocas, A Mirandilla, Javier Montero, Kummel, A Quinta, Queimada, A Horta de San Roque, Náutico, O Indiano, San Miguel, El Rincón del Gordo, La Flor de Jose, Balastrera, O Lar de Carmiña, O Furancho, Mar de Rinlo e Ribanzo”.
Pérez Prada manifestou que “con estas xornadas o que pretendemos é botar unha man e axudar á dinamización do sector hostaleiro nestas datas tras o verán e previas a una ponte festiva e tamén poñer en valor un produto como o mexillón, cun plan gastronómico inigualable, ofrecendo unha alternativa aos ribadenses e á veciñanza doutras localidades da Mariña e do Occidente asturiano así como aos turistas que aínda nos visitan nestas datas. Estas xornadas son una mostra mais de que se pode dinamizar a economía ribadense dun xeito diferente e adaptado para todo o mundo e un retorno real e directo nos bares e restaurantes. Agardamos desde Acisa que sexa unha fin de semana de moito movemento en Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, engadiu: “queremos contribuír á concienciación da importancia de consumir produtos do mar, de proximidade e de procedencia galega, por saúde e por sabor e da necesidade de facer pobo entre todas e todos. O mexillón destas xornadas é mercado a un provedor local e asociado, Marisco Ribadeo. Desde a nosa asociación queremos agradecer a colaboración e o apoio da Área de Mar da Deputación de Lugo, que nos permite levar adiante diferentes actividades todos os anos en Ribadeo. Animamos a achegarse á nosa vila a saborear as propostas con mexillón que van atopar nos 25 locais participantes”.
Na presentación das xornadas de exaltación do mexillón participaron o deputado responsable da Área de Mar da Deputación de Lugo, Dani García, xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



