O senador mariñán pide unha consideración específica para o palangre de fondo e máis participación do sector e das comunidades costeiras antes de adoptar novas restricións
A Mariña, 26 de setembro de 2026. O senador mariñán José Manuel Balseiro defenderá este luns na Comisión de Pesca do Senado unha iniciativa do Grupo Popular na que se reclama ao Goberno de España que promova ante as institucións da Unión Europea a revisión das restricións á pesca de fondo establecidas en 87 zonas do Atlántico nororiental e a defensa do palangre de fondo.
A iniciativa pon o foco nunha medida adoptada pola Comisión Europea o 19 de setembro de 2022 para a protección de ecosistemas mariños vulnerables e que supuxo o peche de amplas áreas de pesca ás artes de fondo. O Grupo Popular considera necesario revisar a delimitación das áreas afectadas e actualizar a información científica empregada, incorporando os coñecementos dispoñibles tras a entrada en vigor das restricións.
Balseiro defende a compatibilidade da protección dos ecosistemas mariños coa sustentabilidade da actividade pesqueira e coa viabilidade económica das comunidades costeiras. Neste sentido, a moción reclama que as decisións se adopten a partir da mellor evidencia científica dispoñible, dunha avaliación rigorosa dos seus efectos socioeconómicos e do principio de proporcionalidade.
O senador popular sinala que non todas as artes de fondo presentan o mesmo nivel de interacción co fondo mariño, polo que a normativa debe atender ás características específicas de cada modalidade. Neste sentido, reclama expresamente que a Comisión Europea exclúa o palangre de fondo daquelas restricións que non estean cientificamente xustificadas e que se avance no recoñecemento específico do palangre demersal e semipeláxico.
Dende o Partido Popular consideran “imprescindible” que antes de aprobar novas restricións “se realicen avaliacións rigorosas dos seus efectos socioeconómicos e consultas” co sector pesqueiro, as comunidades costeiras e as administracións autonómicas competentes. O obxectivo é avanzar cara a un modelo de xestión que permita compatibilizar a conservación do medio mariño coa continuidade dunha actividade pesqueira sostible, rendible e xeradora de emprego.
Balseiro advirte que “as restricións poden ter un importante impacto sobre a actividade económica, o emprego e o relevo xeracional nas zonas costeiras, especialmente en comunidades cunha forte vinculación coa pesca, como Galicia”.
Neste contexto, a iniciativa expresa tamén o apoio ás actuacións emprendidas polas comunidades autónomas e polo propio sector para defender unha xestión baseada na ciencia, na proporcionalidade e no equilibrio entre sustentabilidade ambiental, actividade económica e cohesión territorial.
A proposta inclúe igualmente o respaldo ás iniciativas dirixidas a revisar estas medidas no ámbito europeo, nun momento no que continúan as actuacións para reclamar unha análise da súa proporcionalidade e dos seus efectos sobre as flotas afectadas.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



