Pastoriza, 26 de setembro, 2026. Pastoriza acolleu este mañá no Pavillón Municipal o torneo triangular de fútbol sala feminino organizado polo Concello, coa participación do FSF Castro, o Rodiles FS e o Estrela Verín, tres equipos de Primeira División. O FSF Castro proclamouse gañador desta primeira edición, que permitiu ao municipio recibir por primeira vez equipos da máxima categoría estatal.
O torneo abriu ás 11:30 horas co partido entre o Rodiles FS e o FSF Castro, que rematou con empate (0-0) e vitoria do Rodiles nos penaltis. A continuación, o Estrela Verín impúxose tamén nos penaltis ao Rodiles FS, tras empatar (1-1). O FSF Castro pechou a competición cunha vitoria fronte ao Estrela Verín, proclamándose gañador do torneo.
Coa organización desta iniciativa, o Concello de Pastoriza dá un novo paso no seu compromiso coa promoción do deporte e, especialmente, coa visibilidade do fútbol sala feminino. A celebración do torneo permitiu achegar á veciñanza unha competición de primeiro nivel e dar a coñecer algunhas das figuras da máxima categoría estatal.
Con esta xornada, Pastoriza continúa ampliando a súa programación de eventos deportivos. Durante o verán, o municipio xa acollera un torneo de fútbol sala con 24 equipos participantes, ao que agora se suma esta primeira cita con equipos femininos de Primeira División.
Ao remate da competición celebrouse a entrega de trofeos ao primeiro, segundo e terceiro clasificado, na que participaron Marcos García Lombardero, tenente de alcalde de Pastoriza; Fina Méndez, concelleira de Deportes; José Luis Iglesias, concelleiro de Urbanismo; e Raquel Arias, vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia.
O Concello tamén quixo ter un detalle cos delegados dos tres equipos e con Enma, a única xogadora de Pastoriza que disputou o torneo, como recoñecemento á súa presenza nesta primeira edición.
O torneo foi organizado polo Concello de Pastoriza coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Pastoriza e da UD Pastoricense, e contou con BigMat Huertas como patrocinador oficial.
Durante a xornada houbo tamén servizo de bar e sorteáronse camisetas da UD Pastoricense e dos tres equipos xogadores, coa colaboración da comisión do Entroido 2027.
O Concello agradece a implicación de todas as persoas que fixeron posible a celebración do torneo, especialmente do persoal municipal e dos traballadores e traballadoras que colaboraron na súa organización, así como das entidades colaboradoras.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.

