Viveiro, 28 de setembro, 2026. O BNG de Viveiro cuestiona o anuncio do Goberno municipal do Partido Popular sobre o inicio de novos estudos para “coñecer en detalle o estado das infraestruturas de abastecemento de auga no rural”.
A portavoz municipal do BNG e candidata á alcaldía, Iria Cotelo, lembra que durante o mandato nacionalista se realizou no 2024 unha auditoría completa da rede de abastecemento, precisamente para analizar o seu estado e identificar as necesidades das parroquias.
“Gueimunde sabe perfectamente que esta auditoría existe. A documentación está en mans do Concello e de Viaqua. Por iso resulta sorprendente que agora anuncien que van comezar por estudar as necesidades da rede, como se non existise xa un diagnóstico previo”, afirma Cotelo.
A portavoz considera especialmente significativo que o propio PP recoñeza que o obxectivo é “saber onde están as necesidades e contar cos proxectos preparados”.
“Iso é exactamente o que tiñan que ter feito durante este ano e medio de Goberno: partir da información existente, establecer prioridades e redactar os proxectos necesarios. Puideron facelo xa en 2026, pero non presentaron ningún proxecto”, denuncia.
Para o BNG, o anuncio evidencia a falta de actuación do Goberno do PP no rural. “Despois de ano e medio, anuncian agora que van empezar a estudar unha rede que xa foi auditada. É máis propaganda que xestión, especialmente cando falan de preparar proxectos para optar a financiamento de cara a 2027”, engade Cotelo.
A portavoz nacionalista reclama ao Goberno municipal que explique que actuacións se impulsaron a partir da auditoría e por que, despois de ano e medio, non existe ningún proxecto preparado para resolver necesidades xa detectadas.
O BNG considera que este anuncio evidencia unha xestión sen rumbo, que leva ano e medio sen avanzar nos proxectos que xa estaban enriba da mesa e substituíndo a xestión por anuncios. “Viveiro leva ano e medio perdendo oportunidades para impulsar proxectos transformadores. Agora sucede co abastecemento, pero xa pasou co Plan de Accesibilidade, co Contrato de Servizos Enerxéticos ou co atraso na posta en marcha do Bus Urbano, proxectos que quedaron encamiñados durante o mandato do BNG”, sinala Cotelo.
“Non podemos permitir que Viveiro dea pasos atrás. A veciñanza necesita que o Concello avance, execute e aproveite as oportunidades de financiamento, non que volva anunciar estudos sobre traballos que xa están feitos”, conclúe a portavoz do BNG.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



