Mondoñedo, 28 de setembro, 2026. O vindeiro sábado 3 de outubro, ás 11:30 horas, terá lugar unha visita guiada ao Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) tras dúas semanas de escavacións. A intervención, realizada ao abeiro dun convenio entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo, permitiu ampliar a área aberta en campañas anteriores e descubrir novas estruturas e cabanas no xacemento.
Durante os traballos documentáronse tamén restos metálicos, elementos líticos e numerosas cerámicas, que ofrecen un amplo arco cronolóxico entre os séculos I e V d.C.. Estes materiais, xunto coas estruturas identificadas, evidencian varios momentos de ocupación no castro.
A visita será guiada polo director da intervención, o arqueólogo municipal, Abel Vigo, e é gratuíta e de acceso libre. Nela explicaranse os principais resultados da campaña de 2026.
O punto de encontro será nas proximidades do castro, no cruce entre a vía que conecta Mondoñedo con Estelo, pasando polo Mosteiro dos Picos, e a pista de monte que dá acceso ao Castro de Zoñán. Desde alí realizarase un breve percorrido a pé ata o xacemento.
A Consellería de Cultura e o Concello de Mondoñedo convidan a todas as persoas interesadas na arqueoloxía e na historia a participar nesta visita e coñecer de primeira man os avances da intervención deste ano.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



