Ribadeo/Burela, 28 de setembro, 2026. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e o IES Monte Castelo de Burela son os dous centros da Mariña que centralizan as actividades como Escolas Mentoras do Parlamento Europeo, un programa que busca achegar as institucións europeas á comunidade educativa e fomentar os valores democráticos da cidadanía. A traxectoria destes centros consolídase así como referente dos valores europeos e dos obxectivos da Unión Europea na comarca.
Os restantes centros MEPAS da provincia de Lugo son o CPR Plurilingüe Divino Mestre, o Colexio FEC San José de Lugo e o CPI San Tomé do Carballo, de Taboada.
A rede EPAS inclúe este curso 260 centros educativos de toda España, dos cales 75 actuarán como Escolas Mentoras —centros con máis de tres anos de participación— converténdose en titores doutras Escolas Embaixadoras. En Galicia haberá seis Escolas Embaixadoras e sete Escolas Mentoras.
As Escolas Embaixadoras en Galicia serán: IES Espiñeira (Boiro), IES de Catabois (Ferrol), CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), IES Leliadoura (Ribeira), CPI San Tomé do Carballo (Taboada) e CPR Daniel Castelao (Vigo).
Pola súa banda, as Escolas Mentoras en Galicia no curso 2026/2027 serán: IES Monelos (A Coruña), IES Monte Castelo (Burela), CPR Plurilingüe Divino Mestre (Lugo), FEC San José (Lugo), Colexio San José (Ourense), IES Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo) e IES Xesús Taboada Chivite (Verín).
Este curso 2026/2027 o programa EPAS recibiu 539 solicitudes de centros educativos de todo o país, unha cifra superior á do ano anterior. Das 260 escolas seleccionadas, 103 son de novo ingreso e 157 renovan a súa participación. A edición 2026/2027 será a duodécima deste programa, que se desenvolve en todos os países da Unión Europea e tamén no Reino Unido. Cada ano involucra preto de 6.500 estudantes a partir de 4º da ESO e arredor de 1.000 docentes en España. Desde o seu inicio no curso 2015/2016, máis de 400 centros e 49.000 estudantes beneficiáronse desta iniciativa.
O programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo ten como obxectivo fomentar o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria entre a mocidade, para que comprendan con máis detalle que é a Unión Europea, como funciona e como inflúe na vida diaria.
Os centros participantes comprométense a asistir a unha formación obrigatoria en Madrid ao comezo do curso —con todos os gastos cubertos polo Parlamento Europeo—, manter un InfoPoint actualizado sobre o Parlamento Europeo nun espazo visible do centro, traballar cos materiais didácticos proporcionados pola institución, organizar actividades relacionadas coa Unión Europea ao longo do curso e celebrar o 9 de maio, Día de Europa, con iniciativas que impliquen toda a comunidade educativa.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



