A presidenta Carmela López acompañou á alcaldesa da localidade, Rocío López, no pregón da trixésimo cuarta edición desta cita, que este ano correu a cargo do presidente da Indicación Xeográfica Protexida IXP Faba de Lourenzá
Lugo, 3 de outubro de 2026. A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado xunto a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e tamén alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, ao pregón da XXXIV Festa da Faba, unha das celebracións gastronómicas máis representativas da provincia e que cada ano reúne á veciñanza e visitantes en torno a un produto estreitamente ligado á identidade da localidade e de toda A Mariña.
O pregón desta edición correu a cargo do presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá, José Cuadrado, nunha xornada na que a localidade encheuse de actividade e na que numerosas persoas se achegaron para degustar esta afamada leguminosa.
A celebración conta con propostas para todos os públicos, entre as que se inclúen catas de viño, showcookings e un tren turístico que permite percorrer a Ruta das Fabas, ademais das actividades e postos instalados na Praza do Conde Santo.
Durante a súa visita, Carmela López percorreu as casetas das fabeiras e aos fabeiros que participan nesta cita, coñecendo de primeira man o traballo que hai detrás dun produto que conta con Indicación Xeográfica Protexida e que representa un dos referentes da gastronomía da provincia de Lugo.
A mandataria provincial puxo en valor o papel da Festa da Faba como escaparate para dar a coñecer a riqueza agroalimentaria da provincia e como punto de encontro entre produtores, veciñanza e visitantes. “Desde a Deputación queremos estar ao lado dos produtores e dos concellos, apoiando celebracións como esta que poñen no mapa os nosos produtos, xeran actividade e axudan a dinamizar o territorio”, salientou.
A Deputación achega 14.000 euros a través do Plan Deputación para colaborar coa celebración, reforzando así o seu apoio a unha festa que combina promoción gastronómica, tradición, cultura e dinamización turística.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



