Mondoñedo, 4 de outubro, 2026. A Sala de Coengos da Catedral de Mondoñedo acollerá o vindeiro martes 6 de outubro, ás 10:30 horas, a xornada de difusión de “O Son das Campás no Camiño”, unha iniciativa da Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral que busca poñer en valor o patrimonio sonoro da cidade episcopal e convertelo nunha experiencia viva para quen percorre o Camiño do Norte.
O proxecto estrutúrase en tres accións principais
“Paula e o Peregrino”
Tres días á semana (martes, xoves e sábados), media hora antes da Misa do Peregrino das 19:00 h na S.I. Catedral Basílica, o campaneiro realiza un toque manual acompañado de cinco peregrinos. Durante uns quince minutos tocan o esquilón e outras campás da torre, xunto á máis singular da Catedral, “A Paula”.
“A conversa das campás”
Unha vez ao mes tócase manualmente a campá dunha das igrexas de Mondoñedo, de maneira rotatoria, e as campás da Catedral responden ao seu chamado.
“O Son das Campás no Camiño”
Unha vez ao ano celébrase un encontro excepcional no que participan todas as igrexas de Mondoñedo. O campanario da Catedral actúa como referente principal. Neste acto colaboran membros da Asociación de Campaneiros de Galicia, implicados tamén na organización e coordinación.
📅 Programa da xornada
10:15 h – Recepción de autoridades e convidados
10:30 h – Apertura institucional
Benvida do bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos
Intervención do deán da Catedral, Félix Villares Mouteira
Participación da representación da Xunta de Galicia
10:45 h – Intervención de Marta Geada, presidenta da Asociación O Camiño Norte, que presentará o balance e os obxectivos do proxecto, acompañada da proxección dun vídeo
11:00 h – Relatorio de Valentín Insua Palacios, campaneiro da Catedral: “A tradición do toque de campás na Catedral”, con imaxes da vivencia nas torres
11:15 h – Peche institucional a cargo do alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide
Atención aos medios e foto de familia
🏛️ Sobre a Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral
A Asociación está formada polo tecido empresarial de Mondoñedo e ten como obxectivo promover o Camiño do Norte, destacando a relevancia histórica e patrimonial da cidade como enclave fundamental na ruta xacobea cara a Santiago.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



