Viveiro, 6 de outubro, 2026. O BNG de Viveiro avanza esta semana nun dobre traballo centrado na planificación do futuro do municipio: por unha banda, continúa coa nova rolda de reunións veciñais polas parroquias para elaborar o Plan Parroquias 2027-2031; e, por outra, levará ao próximo pleno municipal unha moción para promover un estudo-diagnose sobre a situación do mercado residencial en Viveiro.
🏘️ Reunións veciñais para definir o Plan Parroquias
A organización nacionalista inicia hoxe unha nova serie de encontros coa veciñanza para recoller necesidades, prioridades e propostas de cada parroquia. O obxectivo é construír unha folla de ruta realista e participada para o período 2027-2031.
📅 Primeiras reunións desta semana
– Martes 6 de outubro · Escola de San Andrés de Boimente-
– Xoves 8 de outubro · Escola de Chavín
– Sábado 10 de outubro · Casa do Forno de Celeiro
🕖 Hora: 19:00 h
O BNG anima ás veciñas e veciños a participar e achegar ideas para mellorar o futuro das súas parroquias.
A portavoz municipal e candidata á Alcaldía, Iria Cotelo, destaca que a participación cidadá é esencial:
“Un Viveiro mellor é posible, pero temos que construílo entre todas e todos. Este Plan Parroquias nace para incorporar a visión da xente que vive cada día a realidade do noso concello”.
🏡 Moción para analizar a situación da vivenda en Viveiro
Paralelamente, o BNG levará ao pleno unha moción para impulsar a elaboración dun estudo-diagnose sobre o mercado residencial, co fin de coñecer con precisión a realidade da vivenda no municipio e deseñar políticas municipais eficaces que faciliten o acceso á residencia habitual.
A proposta, presentada por Iria Cotelo, subliña a necesidade de contar cunha visión integral da situación residencial:
“Para poder tomar decisións acertadas primeiro temos que saber que está pasando e analizar a realidade residencial do concello no seu conxunto”.
O BNG propón que o estudo se realice en colaboración cunha universidade pública ou entidade especializada, garantindo unha análise independente e actualizada.
Que debe analizar o diagnóstico?
Características e uso do parque residencial: vivenda habitual, baleira, segunda residencia e uso esporádico.
Evolución e distribución dos prezos de venda e alugueiro.
Oferta real dispoñible para residencia habitual.
Incidencia dos diferentes usos turísticos (apartamentos turísticos, vivendas turísticas, vivendas de uso turístico).
Situación diferenciada por zonas, parroquias e núcleos.
Cotelo insiste na importancia de coñecer a realidade de cada área:
“Non podemos falar da situación da vivenda como se fose igual en todas partes. É fundamental identificar onde existe maior presión sobre o mercado residencial”.
O obxectivo final é contar cunha ferramenta útil para orientar as políticas municipais de vivenda:
“Ter unha vivenda digna é un dereito. Desde o Concello debemos facer todo o posible para facilitar o acceso á vivenda habitual. Este estudo sería un primeiro paso imprescindible para construír unha política de vivenda útil para Viveiro”.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



