Cervo, 7 de outubro, 2026. O Concello de Cervo continúa avanzando na mellora e modernización do Polígono Industrial de Cuiña, en San Cibrao, onde se están a executar as obras de mellora da accesibilidade e renovación das beirarrúas do vial principal, que conta cun investimento de algo máis de 160.000 euros, dos cales case o 75% corresponden a unha subvención da Xunta de Galicia, dentro da orde de habilitación e melloras de Infraestruturas dos Parques Empresariais de Galicia 2026.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro Alfredo Fernández, desprazouse ata o polígono para comprobar de primeira man o avance dos traballos, que permitirán seguir mellorando as condicións deste importante espazo para a actividade empresarial do municipio.
A actuación, promovida polo Concello de Cervo, abrangue un tramo de 347,32 metros das beirarrúas da vía principal do Polígono Industrial de Cuiña. O proxecto responde á necesidade de actuar sobre unhas beirarrúas que presentaban diversas deficiencias, con zonas de reducido ancho e fortes pendentes nos accesos ás parcelas.
Os traballos contemplan a renovación dos pavimentos, a mellora da accesibilidade, a ampliación do espazo destinado ao tránsito peonil, a mellora dos accesos ás parcelas, a redución das pendentes nos puntos máis problemáticos e a instalación de pavimento podotáctil nos pasos de peóns, así como novas canalizacións soterradas para o alumeado público.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destaca que “desde o Concello temos moi claro que o Polígono de Cuiña é un espazo fundamental para a actividade económica e para o emprego no noso municipio, e por iso seguimos investindo na súa mellora, actuando sobre as infraestruturas que están ao noso alcance e dando resposta ás necesidades das empresas e das persoas que traballan e se desprazan diariamente por este espazo”.
“O polígono de Cuiña ten que contar coas mellores condicións posibles e, por iso, imos seguir traballando para mellorar os seus servizos, a accesibilidade e a seguridade”, engade.
Desde o Concello lembran que esta actuación se suma a outras intervencións realizadas nos últimos anos para mellorar e acondicionar o Polígono Industrial, dentro do compromiso do Goberno municipal por seguir poñendo en valor este espazo empresarial.
Neste sentido, unha das medidas adoptadas para favorecer a actividade económica e facilitar a chegada de novos proxectos foi a aprobación da modificación da ordenanza fiscal do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que introduce unha bonificación do 50%. Esta medida permite reducir de forma significativa os custos asociados á posta en marcha ou ampliación de proxectos empresariais no Polígono Industrial de Cuiña.
Desde o Concello sinalan que esta aposta xa está a ter reflexo coa implantación de novas empresas no polígono, contribuíndo a reforzar a súa actividade e a consolidalo como un espazo atractivo para o desenvolvemento de novos proxectos empresariais.
Neste sentido, a rexedora aproveitou tamén para reivindicar a necesidade de que todas as administracións cumpran cos compromisos adquiridos co municipio. “O Concello está a facer a súa parte, investindo e executando actuacións para mellorar o polígono, pero seguimos agardando tamén por infraestruturas que non dependen de nós e que son fundamentais para este espazo”, sinala.
A alcaldesa fai referencia así ao vial de conexión coa N-642 comprometido pola Deputación, unha actuación que continúa sen executarse. O Concello de Cervo vén reclamando de maneira reiterada información sobre o estado deste proxecto e, neste sentido, remitía este mesmo luns unha nova carta á Deputación, unha máis das comunicacións trasladadas nos últimos tempos para coñecer en que punto se atopa a actuación e os prazos previstos, sen recibir ata o momento resposta. “É unha infraestrutura moi necesaria para mellorar a comunicación do polígono e facilitar a actividade das empresas, e cremos que Cervo merece que tamén se cumpra con este compromiso”, apunta García Caramés.
“Mentres tanto, desde o Concello non imos quedar de brazos cruzados. Seguiremos facendo investimentos, mellorando os espazos públicos e actuando para que o Polígono de Cuiña estea nas mellores condicións posibles”, conclúe a alcaldesa.
A actuación actualmente en execución permitirá contar con unhas beirarrúas máis accesibles, seguras e homoxéneas, continuando coa mellora progresiva deste espazo empresarial de Cervo.




















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



