Nota de prensa
A Deputación investiu 4 millóns de euros en Ribadeo
no que vai de mandato
– O organismo provincial construirá un novo parque infantil na área recreativa de Santa Cruz que beneficiará ós preto de 10.000 ribadenses, e que substituirá ó existente que quedou practicamente inhabilitado polo desgaste do uso e do paso do tempo
– Gómez Besteiro, quen mantivo unha xuntanza coa Asociación de Comerciantes e Centro Comercial aberto, anuncia que a Deputación levará a cabo neste municipio unha iniciativa semellante á de Burela co seu Comercio dado o éxito acadado
– A Deputación destina 220.000 euros á contratación de 20 desempregados deste municipio dentro do Plan Lugo Emprega
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este venres a Ribadeo, onde o organismo provincial levará a cabo novas actuacións, que se engaden ás xa realizadas nestes tres anos e que ascenden a 4 millóns de euros. Precisamente, dentro deste esforzo inversor que a Deputación está a realizar neste municipio, Gómez Besteiro asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Montes e Man Común de Ove para a construción dun parque infantil na área recreativa de Santa Cruz. Trátase dunha infraestrutura moi demanda polos veciños da zona, xa que o existente quedou practicamente inhabilitado polo desgaste do uso e do paso do tempo. Deste xeito, a nova dotación servirá como punto de encontro non só dos veciños e dos rapaces da localidade, senón dos preto de 10.000 habitantes que ten este Concello.
O organismo provincial, a través do INLUDES, subvenciona a execución desta infraestrutura con 6.000 euros. Gómez Besteiro subliñou que “esta área recreativa conta cunha grande afluencia de xente, sobre todo, da poboación infantil, polo que a construción dun novo parque era máis que necesario. Ademais, Ribadeo é hoxe unha segunda residencia para o turismo de calidade e para o turismo verde, polo que con esta actuación axudamos a impulsar esta zona”.
Este Concello ofrece un amplo abano de posibilidades para o tempo de lecer. A área recreativa de Santa Cruz, na que se situará a infraestrutura que construirá a Deputación, é un exemplo. Ademais de contar coa aula da natureza na Casa da Ría é o lugar no se celebra a multitudinaria romaría coñecida como “A xira da Santa Cruz”.
Reunión con empresarios e Lugo Emprega
Gómez Besteiro tamén se entrevistou cos integrantes da Asociación de Comerciantes de Ribadeo e Centro Comercial aberto, que na actualidade conta con 182 socios. No transcurso do encontro, anuncioulles que a Deputación repetirá neste municipio un programa semellante ó de Burela co seu Comercio dado o éxito acadado. Grazas a esta iniciativa, 20 pequenos comercios bureleses recibiron asesoramento personalizado e gratuíto, que tivo como resultado un plan de mellora adaptado ás súas necesidades para facer fronte á crise económica.
Gómez Besteiro tamén lles explicou ós comerciantes que Ribadeo é un dos 66 Concellos que se adheriron ó Lugo Emprega, o programa, dotado con 8 millóns de euros, co que a Deputación reducirá o desemprego na provincia e que inclúe a contratación de 711 parados. Neste municipio, que forma parte dos Concellos con máis de 5.000 habitantes e con máis de 500 parados, contrataranse a 20 desempregados. Neste caso, a entidade local, ademais de facilitarlles o material necesario para a realización de traballos, encargarase do proceso selectivo. Neste senso, destacou que “alegrámonos de que Ribadeo se sumase a este ambicioso Plan. En total, investiremos preto de 220.000 euros para dar traballo a 20 persoas e axudaremos a dar estabilidade a moitas familias. Malia que as políticas activas de emprego son competencia da Xunta, fomos quen de xestionar de forma áxil este Plan, que agardamos sirva de exemplo para outras administracións, xa que a provincia pechou o 2010 cun incremento de máis do 10% de desempregados e Galicia á a segunda Comunidade onde máis aumentou o paro, polo que se non fose pola Deputación habería máis paro na provincia”.
Asimesmo, o Presidente visitou a fábrica de avionetas de Toxo, situada no aeródromo de Vilaframil. Precisamente, este foi o lugar no que se inaugurou en setembro de 2009 a modalidade Xtreme de Km0, e que ofrece ós participantes a posibilidade de redescubrir a Mariña cunha viaxe en helicóptero. En total, unhas 240 persoas participaron nas 5 rutas que se desenvolveron dende esta data ata a actualidade.
Máis investimentos en Ribadeo
Ademais das actuacións anteriores, o organismo provincial levou a cabo outros investimentos no municipio mariñano. É o caso da construción do novo polideportivo que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros e do acondicionamento da estrada provincial 0610 que vai de Altar, por Reinante, ós Castros que se inclúe dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros e co que se contribúe a manter os postos de traballo existentes na provincia. Á mellora deste vial destináronse 500.000 euros. En materia de infraestruturas, a Deputación contratará as obras da Ponte de Arante a finais de mes. O martes que vén o organismo provincial entregará en Patrimonio as modificacións requeridas polo goberno autonómico co obxectivo de que o proxecto sexa aprobado pola Xunta o mércores 26.
Asimesmo, investísronse máis de 200.000 euros na conservación e roza dos 40 quilómetros de estradas que xestiona a Deputación, e subvencionáronse 17 obras do Plan de Comunidades Veciñais. Dentro da aposta da Deputación polo medio ambiente como unha oportunidade económica, certificáronse medioambientalmente 4 areais: As Catedrais, Castros-Illas, Covas e Area. Ribadeo tamén contará con administración electrónica antes do verán, grazas ó Innova-TE, o programa dotado 9 millóns de euros e cofinanciado nun 70% por fondos FEDER.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



