Ribadeo, 13 de outubro de 2026. O 19 de outubro dará comezo unha nova edición do programa Preto de Ti, do Concello de Ribadeo, que levará diversidade de actividades ás parroquias co obxectivo de fomentar o benestar e favorecer a participación activa da veciñanza.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “dentro de unos días, el 19 de octubre, daremos comienzo a una nueva edición de las actividades de Preto de Ti, que realizaremos en As Anzas, Arante, Vilela, Cubelas, Couxela, Santalla, Vilaselán, A Rochela, Remourelle, A Devesa, Cinxe, Rinlo, Ove y Vilaframil”. As inscricións están abertas e as persoas interesadas poden obter información sobre as actividades e os horarios dispoñibles chamando ao teléfono 625 104 274.
A edil ribadense seguiu a relatar que “tendremos manualidades, pintura, cestería, memoria, gimnasia, charlas socio sanitarias y viajes culturales”. E engadiu: “animo a todos a sumarse a dinamizar nuestras parroquias aprendiendo, disfrutando y pasando un buen rato entre amigos y vecinos”.
Sierra engadiu que “Argadelo, nuestro programa de música, también volverá a las parroquias. Y como novedad este año quiere llegar a Villaframil y Cefofeita”.
Elena Sierra amosou a súa satisfacción e orgullo pola evolución do programa, que continúa medrando e conta cada vez cunha maior participación e implicación da veciñanza e polo tanto con maior número de actividades que se irán ofertando ao longo do curso.
Preto de ti é moito máis ca un conxunto de actividades. É un espazo para coidarse, aprender, desconectar da rutina e compartir tempo con outras persoas. A través destas propostas búscase contribuír á saúde física e mental, fortalecer as relacións sociais e crear oportunidades para que as persoas se coñezan, se acompañen e desfruten da vida en comunidade.
A concelleira ribadense destacou tamén a importancia de manter este tipo de iniciativas próximas á cidadanía, tanto na vila como nas parroquias, creando espazos de encontro e convivencia que contribúan a combater a soidade non desexada e a reforzar os vínculos entre veciños e veciñas. Desde o Concello de Ribadeo fan un chamamento á participación e animan a todas as persoas interesadas a informarse, inscribirse e a descubrir as actividades deste novo curso para aprender, coidarse, compartir e seguir facendo comunidade.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



