Cervo, 13 de outubro, 2026. O Concello de Cervo colabora co Club Xadrez San Roque de Viveiro na organización de clases de xadrez que terán lugar os mércores, de 16:45 a 18:00 horas, na Casa do Mar.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada por Aitor López, presidente do Club Xadrez San Roque e mestre da disciplina, que será o encargado de impartir as sesións.
Esta iniciativa ofrece ás nenas e nenos do municipio a oportunidade de iniciarse no xadrez, aprender e mellorar as súas habilidades nunha práctica que favorece a concentración, a memoria, a paciencia, o razoamento lóxico e a toma de decisións.
A alcaldesa destacou a importancia de apoiar propostas deportivas e de lecer dirixidas á infancia e á mocidade: “O xadrez é unha actividade moi completa, que axuda a desenvolver diferentes capacidades mentres as crianzas aprenden, comparten experiencias e se divirten. Desde o Concello queremos colaborar con iniciativas deste tipo e facilitar que teñan acceso a distintas alternativas deportivas e educativas”.
Tamén lembrou a boa acollida que tivo o xadrez durante o programa municipal Enredando no verán, unha experiencia que puxo de manifesto o interese das crianzas por esta disciplina.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 672 77 25 08.





















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



