O delegado territorial, Alfonso Villares, explicou na Escola de Educación Infantil de Vilalba que o obxectivo é chegar a 3.151 escolares na provincia, incrementando nun 37,5% os destinatarios do pasado ano
Vilalba, 14 de outubro de 2026. A Consellería de Sanidade desenvolve estes días por segundo ano consecutivo o programa piloto de vacinación fronte á gripe nos centros escolares; está dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e adminístrase a vacina intranasal, sen picada.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou a Escola de Educación Infantil de Vilalba, que acolleu hoxe a campaña. Explicou que o número de centros escolares seleccionados na provincia pasa de nove a 12, co propósito de chegar a 3.151 escolares, dos que pouco máis de 1000 corresponden á etapa de Infantil e o resto a Primaria; tradúcese nun incremento do 37,5% do número de destinatarios con respecto á primeira edición, cando se alcanzou unha taxa de cobertura do 47,7%.
O proxecto lévase a cabo nunha mostra representativa de colexios de contornos urbanos, semiurbanos e rurais. En concreto na cidade de Lugo participarán o CEIP Luis Pimentel e o CPR Plurilingüe San José. Tamén se realizará no CEIP Purilingüe Vista Alegre de Burela, o CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, o CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito, o CPI Plurilingüe Dr. López Suárez de Friol, o CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, o CPR Plurilingüe Real Colegio Padres Escolapios de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe de Monterroso, o CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción de Sarria e o CPR Plurilingüe Landro de Viveiro.
No conxunto da comunidade toman parte 75 colexios, co obxectivo de chegar a 26.536 rapaces e rapazas. En paralelo con este proxecto piloto escolar, onte tamén se iniciou nos centros de saúde a vacinación para toda a poboación infantil, desde os 6 meses aos 11 anos; o obxectivo é acadar unha cobertura do 60% neste segmento de idade.
A campaña de vacinación fronte á gripe e á covid empezou o 28 de setembro polas residencias de maiores e centros sociosanitarios e o próximo luns 19 de outubro estenderase ás persoas de 70 ou máis anos e aos profesionais sanitarios.
Posteriormente, o 2 de novembro, a Xunta continuará coa vacinación das embarazadas e o día 9 de novembro coas persoas a partir de 60 anos.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



