Barreiros, 15 de outubro de 2026. A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros realizará o vindeiro 24 de outubro a oitava e derradeira etapa do Camiño Francés, que os participantes fixeron durante varias fins de semana desde o pasado mes de abril.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, lembrou que “arrincamos o pasado 18 de abril en Pedrafita do Cebreiro e remataremos agora as oito etapas nas que dividimos o Camiño Francés co treito comprendido entre Lavacolla e Santiago, que son 10 quilómetros, ou entre o Monte do Gozo e Santiago, que son 4 quilómetros. Así adaptámonos un pouco as condicións físicas de todos os participantes”.
A saída desde Barreiros está prevista para as 6:30 da mañá. O prezo do autobús, que trasladará aos asistentes, máis a comida é de 40 euros para os socios e de 45 euros para os non socios. Gómez Puente subliñou que “aquelas persoas que queiran acudir a esta viaxe, aínda que non sexa para camiñar, o único que teñen que facer é anotarse a través do teléfono ou whatsapp 623 22 68 25. Ás doce do mediodía asistiremos todos xuntos á misa do peregrino na Catedral de Santiago”.
O presidente de Camiñantes e Camiños fixo un balance positivo desta tempada de 2026: “na que fixemos o Camiño Francés desde Pedrafita ata Compostela compartindo vivencias, gozando da compañía e da paisaxe”. E agradeceu “a colaboración un ano máis da Xunta de Galicia, que nos regalou gorras e as camisetas para a nosa expedición”.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



