Cervo, 15 de outubro, 2026. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández visitaron as obras, destinadas a mellorar as instalacións, a accesibilidade e as condicións de seguridade deste espazo dedicado ao patrimonio marítimo local.
O Concello de Cervo continúa avanzando na adecuación do Museo da Carpintería de Ribeira de San Cibrao, unha actuación que permitirá mellorar as condicións do edificio e preparalo para o desenvolvemento da súa actividade como espazo de divulgación e posta en valor da tradición mariñeira e dos antigos estaleiros da ría de Lieiro.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández visitaron as obras para comprobar a evolución dos traballos, que contan cunha subvención do GALP de 72.748,29 euros.
A intervención inclúe diferentes actuacións de mellora e acondicionamento do inmoble, entre elas a reparación da cuberta, o tratamento dos elementos de madeira, a adecuación dun aseo accesible, a instalación de novas infraestruturas eléctricas e de iluminación, así como a incorporación de medidas de protección contra incendios e elementos de seguridade.
Ademais das obras, o proxecto contempla a organización de diferentes actividades divulgativas que se desenvolverán no propio museo e que permitirán afondar no coñecemento da carpintería de ribeira, dos oficios tradicionais ligados ao mar e da importancia histórica dos estaleiros da zona. Estas iniciativas contribuirán a achegar este patrimonio a veciños e visitantes, favorecer a transmisión dos coñecementos vinculados á cultura mariñeira e reforzar o papel do museo como recurso cultural, educativo e turístico.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia desta actuación para seguir poñendo en valor o patrimonio marítimo de Cervo: “O Museo da Carpintería de Ribeira é un espazo fundamental para conservar e transmitir a nosa historia mariñeira, así como para dar a coñecer o traballo e o saber facer das persoas que dedicaron a súa vida aos estaleiros tradicionais. Con esta intervención queremos mellorar as instalacións e garantir que este legado poida seguir divulgándose en condicións adecuadas de accesibilidade e seguridade”.
García Caramés tamén puxo en valor a colaboración do GALP, que contribúe a facer posible esta actuación, e incidiu na importancia de seguir impulsando iniciativas que contribúan á conservación do patrimonio local e ao fortalecemento da identidade mariñeira do municipio.
O Museo da Carpintería de Ribeira forma parte do Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, un proxecto cultural que percorre diferentes ámbitos da historia e do patrimonio de Cervo. Este espazo permite achegarse á tradición dos estaleiros de ribeira que existiron na ría de San Cibrao e comprender a importancia que a actividade marítima tivo no desenvolvemento da localidade.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



