A Mariña, 15 de outubro, 2026. O bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García, o director do Departamento de Migracións da Conferencia Episcopal Española, Fernando Redondo, e a directora do Departamento de Trata, Mª Francisca Sánchez, visitaron este mércores as instalacións do Fogar San Aníbal Os Castros, un centro especializado en menores migrantes non acompañados xestionado pola Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas e concertado coa Xunta de Galicia.
Durante a visita, puideron coñecer de primeira man as instalacións e os servizos que ofrece este centro na acollida de menores estranxeiros non acompañados, que está en funcionamento desde o pasado mes de marzo para ofrecer unha resposta á crise migratoria e contribuír a aliviar a presión sobre os dispositivos de acollida das Illas Canarias.
Os responsables de Migracións e Trata da Conferencia Episcopal coñeceron tamén algúns dos usuarios do centro, que son 14 mozos de entre 14 e 18 anos, e interesáronse polas súas historias persoais e polo seu grao de integración na comunidade burelá.
Procedentes de países como Gambia, Mali, Marrocos, Senegal e Mauritania, a maioría chegaron a España en patera ou a nado, despois de meses de travesía migratoria por diferentes países africanos e de vivir experiencias moi duras. A Burela, once chegaron derivados desde Canarias e os outros tres desde Ceuta.
Nestes sete meses, os menores avanzaron moito no seu proceso de integración. Foron escolarizados en diferentes centros educativos da comarca e compaxinan a súa formación e o perfeccionamento do idioma co traballo durante as fins de semana ou ao saír das clases, xa que oito dos mozos xa están traballando.
O equipo educativo deste recurso, que é o primeiro centro de acollida de menores migrantes en obter certificacións de calidade en Galicia, está composto por un equipo multidisciplinar de catorce profesionais que conviven as 24 horas cos menores, nun ambiente de proximidade e acompañamento.
Esta visita enmárcase nos encontros habituais que ambos os responsables da Conferencia Episcopal manteñen coas dioceses españolas para coñecer de primeira man os proxectos desenvolvidos nos seus ámbitos de actuación. Ademais de participar noutras actividades en Ferrol e en Alfoz (Lugo), desprazáronse ata Burela para coñecer o traballo das relixiosas do Divino Celo, que xestionan tamén nesta localidade o Centro de Día de Menores e a Casa de Familia San Aníbal, o Centro de Acollida María Nazarena e unha vivenda para a emancipación de mozos maiores de 18 anos. Todas estas iniciativas responden ao compromiso de mellorar os servizos destinados ás familias máis necesitadas da contorna.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



