Cervo, 16 de outubro, 2026. O Concello de Cervo participou nunha nova actuación ambiental destinada a frear a expansión da acacia negra e favorecer a recuperación da vexetación autóctona. Os traballos desenvolvéronse en dúas fincas municipais situadas na subida á Senra, coa implicación da alcaldesa, Dolores García Caramés, da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, voluntariado de Alcoa e membros da Asociación de Montes A Bidueira.
🌱 Control da acacia negra e repoboación con especies autóctonas
A intervención combinou o control da acacia negra —unha especie invasora que ameaza a biodiversidade— coa repoboación das parcelas mediante acivros, freixos e carballos, especies propias do territorio.
Para deter o avance da acacia negra aplicouse a técnica do desconchado da casca, que consiste en retirar unha franxa do tronco para interromper o transporte de nutrientes e provocar a morte progresiva da árbore. Este método permite limitar a súa presenza e facilitar a recuperación da flora autóctona.
🤝 Unha acción conxunta pola conservación do patrimonio natural
Esta actuación forma parte do Plan de Acción de Alcoa, impulsado pola Asociación de Montes A Bidueira, e pon de manifesto a importancia da colaboración entre administración local, entidades e voluntariado na protección do medio natural.
O Concello de Cervo agradece a implicación de todas as persoas participantes, destacando que este tipo de iniciativas contribúen a protexer a biodiversidade e a promover unha contorna máis sostible para o conxunto da veciñanza.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



