Ribadeo, 17 de outubro de 2026. A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo celebra o Día da Biblioteca, que se conmemora o vindeiro 24 de outubro, cunha programación especial dirixida a públicos de diferentes idades. Este ano, a celebración está marcada polo lema Sen profesionais non hai biblioteca, unha mensaxe que pon en valor o papel fundamental das bibliotecas públicas e das persoas que traballan nelas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, destaca a importancia de aproveitar esta celebración para achegar a biblioteca á cidadanía e mostrar todas as posibilidades que ofrece como espazo de lectura, encontro, aprendizaxe e participación: “o Día da Biblioteca é unha oportunidade para lembrar que as bibliotecas son moito máis ca lugares onde se gardan libros: son servizos públicos vivos, abertos a toda a comunidade e fundamentais para o acceso á cultura”.
A programación comezará cos encontros do Club de lectura, que terá reunións os días 19 e 21 de outubro arredor da obra El asedio de Troya, de Theodor Kallifatides. As sesións permitirán compartir impresións e reflexións sobre a lectura nun espazo de diálogo e participación. O aforo do club xa está completo.
O propio 24 de outubro, ás 17:30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Sinfonía de contos: Nós tamén queremos navegar, unha proposta de Tamara Soto, encargada da música, e Inma Soto, da narración, que combina música e narración oral para achegar as historias ao público infantil. A actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 3 anos, con entrada libre.
A programación continuará o 30 de outubro, ás 17:30 horas, coa actividade O segredo da biblioteca, de Trémola Teatro. Trátase dunha proposta participativa pensada para que o público infantil poida gozar da biblioteca, descubrir os seus segredos e coñecer o espazo dunha maneira diferente e divertida. A actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos e terá tamén entrada libre.
Tanto Sinfonía de contos como O segredo da biblioteca están cofinanciadas pola Consellería de Cultura, no marco do programa Ler Conta Moito, iniciativa que ten como obxectivo fomentar a lectura e dinamizar as bibliotecas públicas galegas.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



