O BNG ADVIRTE DO PERIGO EXISTENTE NO DIQUE EXECUTADO RECENTEMENTE POR PORTOS DE GALIZA NO PORTO DE SAN CIBRAO
Os nacionalistas chaman a atención sobre os numerosos ocos existentes e a falta de seguridade nesta zona do porto de San Cibrao onde adoitan transitar persoas de tódalas idades
O BNG pedirá que se tomen medidas para evitar posíbeis accidentes que de producirse na situación actual terían gravísimas consecuencias
Cervo, 18 de xaneiro de 2011. O BNG de Cervo chamou a atención sobre a perigosa situación na que quedou o dique de abrigo do porto de San Cibrao, recentemente reposto despois de ser arrastrado en boa parte polos efectos do temporal “Becky”. A actuación executada por Portos de Galiza consistiu na colocación de pedras de grandes dimensións ao mesmo pé da plataforma portuaria que deixaron entre si ocos por onde colle unha persoa nunha zona sumamente transitada por persoas de tódalas idades durante todo o ano e especialmente na tempada de verán que de caer nun deles e difícil ou case imposíbel saír. Os nacionalistas consideran que ou se taponan eses ocos ou se deben tomar medidas de seguranza para evitar ter que lamentar accidentes que de producirse terían graves consecuencias polo que presentarán iniciativas para mellorar a execución desta obra.
A actuación de quedar como está supón un grave perigo para a poboación e non mellorou a seguridade nas vivendas mais próximas
Para os nacionalistas a actuación executada por Portos de Galiza no peirao de San Cibrao, “aínda que rápida non foi satisfactoria”, tendo en conta que as rochas de gran tamaño deixan ocos polos que colle unha persoa nunha zona que adoita ser visitada por viandantes ao estar pegada a espazos habitados; do mesmo xeito tampouco se reforzou a seguridade de bens particulares ao pe do mar e que foron abatidas polo temporal Becky quedando moi deterioradas. Ao BNG preocúpanlle especialmente os ocos entre as pedras que no caso dunha caída as consecuencias poderían ser moi graves nunha zona transitada por pescadores e no verán por menores que acoden ao porto a bañarse.
O PP non quixo apoiar unha iniciativa para incrementar con mais fondos a dotación para esta obra.
Segundo recoñeceu Portos de Galiza a obra executada en San Cibrao contou cun investimento de 124.000 euros, unha cantidade moi inferior á anunciada polo parlamentar popular, José Manuel Balseiro que anunciara un investimento de 572.000 euros. Os nacionalistas criticaron que o PP de Cervo se negara no pleno celebrado o 25 de novembro a apoiar moción do BNG para incrementar as medidas de seguridade na zona portuaria e tampouco aceptaron a emenda presentada no debate dos orzamentos 2011 para aumentar a partida para reparación dos danos provocados polo Becky no mesmo porto.
Anuncian a presentación dunha iniciativa municipal para mellorar a seguridade no porto de San Cibrao.
Así as cousas, o portavoz municipal nacionalista en Cervo, Xoán Estúa, anunciou a presentación dunha moción para mellorar a seguridade no porto de San Cibrao, “para evitar accidentes que despois debamos lamentar” e completar a obra con actuacións dirixidas a pechar os perigosos ocos que quedaron e a seguridade de bens privados a pe de porto que foron danados polo Becky e corren perigo de derrube e non aguantarían no caso de producirse outra vaga de mar similar á do mes de novembro pasado.















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



