A MARIÑA .- Como primeira proposta da campaña “POR UN NADAL MÁIS ECOLÓXICO” ADEGA chama a atención sobre o desbaldimento de enerxía que supoñen moitos alumeados festivos, particularmente nestas datas. Recomendamos aos concellos non só coidar o tipo de luminarias (de baixo consumo ou LED), senón tamén establecer datas e horarios máis restritivos. Estas medidas deberían estenderse ao resto do ano: un alumeado ineficiente é unha das principais causas do afogo económico dos concellos, contribúe ao cambio climático e causa contaminación lumínica, alén de supoñer un dispendio inmoral nestes tempos de crise.
Moitos concellos galegos inauguran hoxe o seu alumeado ornamental de Nadal, que manterán aceso até o 6 de xaneiro. Malia a que certamente estase a facer un esforzo por limitar os horarios (encender co alumeado público e apagar ás 23-24h sería o recomendado) e substituir as luminarias por outras de baixo consumo (as ideais son os LEDs), paradoxalmente está a aumentar o número de elementos ornamentais e as datas de funcionamento (un mes) seguen sendo excesivas.
ADEGA pide aos concellos máis contención no gasto en alumeado, lembrando que as medidas de aforro enerxético deberían extenderse ao resto do ano e máis nesta época de crise.
Un alumeado público ineficiente, alén de desbaldir até o 50% da enerxía que consume e contribuir ao aumento de emisións de gases de efeito invernadoiro, é tamén unha das principais causas de endebedamento de moitos concellos que ven como a factura eléctrica non para de medrar. A optimización dos sistemas de alumeado, adatando as luminarias en canto a tipo (millor as de sodio que as de mercurio), colocación e orientación, e optimizando os horarios, pode aforrar até un 60% do gasto eléctrico, reducindo tamén a contaminación lumínica. Este tipo de contaminación, ao igual que a acústica, está asociada ao mal uso de dispositivos -neste caso de iluminación- e é causa de alteracións ambientais e mesmo problemas de saúde, alén de impedir a contemplación e a investigación do ceo nocturno.
Neste senso, ADEGA demanda das administracións a aplicacións de planos de aforro e eficiencia tendentes a reducir o despilfarro enerxético nos concellos, máis aló de medidas puntuais. Estes planos deben ir orientados, por unha banda a incrementar a eficiencia no consumo de enerxía (optimizando por exemplo os sistemas de iluminación, illamento, etc.) e por outra á introducción das enerxías renovábeis nos edificios e instalacións públicas. Paralelamente, son precisas campañas de concienciación cidadá para que a povoación se decate da importancia de que iluminar ben non pasa por gastar máis enerxía nen poñer máis farolas, senón por aproveitar millor a luz que emitimos.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



