Nota de prensa
Máis de 10 colectivos da Mariña inician a celebración do Ano Castelao con musica e lectura de textos do de Rianxo.
A Mariña homenaxea a Castelao o Domingo en Foz.
O vindeiro 30 de Xaneiro ás 13:00h nos xardíns Conde de Fontao de Foz diversos colectivos da Mariña celebrarán un acto de homenaxe a Daniel Castelao con motivo do 125 aniversario do seu nacemento e que responde a vontade de boa parte do movemento cultural galego de adicar a este ano ao grande creador e patriota galego. O acto vai consistir na lectura duns textos de Castelao a cargo de Xosé Paleo, presidente do Comité de Empresa de Alcoa, María Xosé Viamonte ,Delegada Sindical de Sargadelos e o pintor Celso Dourado así como nunha actuación musical a cargo da Asociación A Subela. Segundo indicou Xoán Ramón Fernández Pacios “ o formato do acto, pretende responder dunha banda o espírito do Banquete de Conxo e da toda nosa tradición de unir as forzas do traballo e da cultura, a par que singulariza a propia concepción da cultura de Castelao, non entendida como un luxo para minorías, e pon en valor a propia figura do rianxeiro ao unir ámbitos a priori sen vinculación”.
O acto que esta organizado entre outros colectivos polo Observatorio Mariña pola Igualdade, Francisco Lanza de Ribadeo, Ollomao de Barreiros, Buril de Burela, A Pomba do Arco de Foz, ou Mariña Patrimonio pretende ser unha xornada de festa e divulgación da obra de Castelao e en definitiva do noso patrimonio cultural “Castelao é tan grande que é capaz de unir a colectivos tan diversos como os que organizamos o acto, posto nada que ten a ver con Galiza lle alleo ao noso compatriota até o punto que foi capaz de facer de Galiza todo un mundo” afirmou Pacios que lembrou que “Castelao é un todo e nada se lle escapa na súa obra está presente desde a denuncia da opresión de clase ou de xénero, a loita polo idioma, ou a historia do país, ou o propio atraso e a dependencia de Galiza, porque todo iso é a realidade que conforma a nosa nación “ recalcou Pacios.
O presidente da Pomba do Arco anunciou que “co acto do Domingo iniciamos unha xeira que vai ocupar ao asociacionismo cultural galego e por suposto ao da Mariña, de divulgación, explicación e coñecemento de Castelao. Aínda que tan presente entre nós Castelao é un grande descoñecido, xa sexa a súa produción literaria, artística, ensaística así como a súa labor social e político. A proposta do movemento asociativo da Mariña para 2011 e facer, logo de Castelao, un veciño máis e nesa dirección desenvolveremos diversos actos ao longo do ano xa sexan por parte das asociacións xa sexan por parte do conxunto de asociacións da Mariña que a esta altura nos agrupamos na federación Galiza Cultura que convoca o 30 de Xaneiro a mesma hora que o acto de Foz, actos en máis de 30 cidades e comarcas de Galiza”.
Xa por último Pacios convidou a todos os veciños da Mariña a participar neste acto de homenaxe a Castelao co que se arranca o ano conmemorativo do 125 aniversario do seu nacemento.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



