Nota de prensa
Hoxe presentamos ante os nosos veciños a campaña O noso xeito de traballar por Ribadeo.
A través de 5000 folletos, 500 carteis e tres vallas publicitarias pretendemos poñer de manifesto parte do traballo máis salientable levado a cabo nos oito anos en que gobernou o PP o concello de Ribadeo (1995-2003) e que supuxo o desenvolvemento de todos os sectores económicos, impulsou a cultura e o deporte, apostou polo medio ambiente, cuidou e mellorou o noso patrimonio e contribuiu ó benestar social. O resultado final deste traballo, sin dúbida alguna, deu como resultado unha mellora sustancial da condición de vida de todos os ribadenses.
Queremos que este traballo realizado nesos oito anos de goberno do PP sexa como un aval ante os ribadenses de ese grupo de traballo que, encabezado por mín, concurrirá as vindeiras eleccións municipais. Pretendemos voltar a marcar o rumbo para que o noso concello continue avanzando cara un futuro próspero, facendo realidade novas ideas e proxectos, para así seguir mellorando a vida da nosa xente.
Recóllense neste material divulgativo 70 actuacións que resultaron vitais para o desenvolvemento integral de Ribadeo. Cabe salientar a diversificación das mesmas: Vivenda, Cultura, Educación, Deporte, Xuventude, Infraestructuras, Medio Ambiente, Portos, Servizos Sociais, Sanidadae, Transporte, Comercio e Turismo.
Actuouse tanto no casco urbano como na zona rural do concello e sentáronse as bases para proxectos que foron rematados ou continuados por os gobernos posteriores.
Pero aínda que foron moitos os logros é indiscutible que queda moito por facer. Estamos dándolle forma a un programa electoral realista e para catro anos, no que terán cabida solucións as moitas demandas que nos fixeron os diferentes colectivos, da zona rural e da vila, cos que nos reunimos nos últimos dous meses.
Temos demostrado un xeito de traballar serio e intenso que, despois de 8 anos en que os veciños nos deron a responsabilidade de levar a rendas do concello, deu os seus froitos; estamos convencidos de que un traballo en equipo, a pe de rúa, en contacto permanente coa xente, voltará a dar bos resuLtados o que redundará en que Ribadeo sexa, dun xeito definitivo, o centro neurálxico dunha ampla comarca que comprende boa parte da Mariña e do Occidente Asturiano.




















Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



