Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
Barcia: “eu, como alcalde, non fun quen lle mandou ó xulgado ou á fiscalía papeles sobre o Rincón do 10”.
O portavoz dos populares pídelle ó alcalde que aclare se hai trato de favor para certos establecementos nocturnos.
Barcia considera que o alcalde é “como Pilatos, sempre se lava as máns e nunca asume responsabilidades”.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela José María González Barcia, manifestou hoxe que “eu, como alcalde, non fun quen lle mandou ó xulgado ou á fiscalía ningún documento nin sobre o Rincón do 10 nin sobre ningún outro local por propia iniciativa, e non sei se o alcalde poderá decir o mesmo, pero creo que non”.
Estas manifestacións fíxoas o portavoz popular a raiz das declaracións do alcalde de Burela nas que o culpaba de que se chegara á situación xudicial que vén de manifestarse nunha sentencia de dous anos e seis meses de prisión para os titulares do Rincón do 10.
González Barcia considera que “o alcalde é como Pilatos, sempre se lava as mans, neste e en todos os temas, e nunca asume responsabilidades; nunca tén a culpa de nada”. Barcia asegurou que “este asunto fóiselle ó alcalde das mans, non foi capaz de controlalo, chegou a onde chegou en boa parte pola súa actuación durante estes practicamente catro anos que leva de alcalde, que non se lle esqueza nin a el nin a ninguén, e agora quere sacarse o marrón de encima culpando ós demáis, o que é absolutamente indecente e demostra a baixeza política e persoal e a falsedade desta persoa, e quen actúa con falsedade non é de fiar”. Barcia pregúntase en voz alta: “pode un alcalde sair nunha foto na prensa, ríndose, cando están veciños do seu concello implicados, dunha parte e de outra, nun procedemento xudicial, como saiu el?. A resposta é non”.
O portavoz dos populares foi máis alá, e indicou que o alcalde debe aclarar se hai trato de favor a algúns establecementos. Barcia asegurou que mentres se pechaba o Rincón, polo mesmo motivo foi multado outro establecemento nocturno con mil euros, chegando a pagar a multa en cómodos prazos. “Creo que esto debe sabelo a cidadanía, para decatarse do comportamento do alcalde, que non usa nunca a mesma vara de medir”.
Ademais, González Barcia afirmou que o PP sempre tentou conciliar o descanso co ocio, e manifestou: “a primeira normativa sobre ruidos, non a fixo este alcalde nin o bipartito; tampouco foron eles os que fixaron a obriga de colocar a dobre porta, ou os sonógrafos; e tampouco foron eles os que estableceron as zonas de saturación; me parece que eles non contrataron a unha empresa homologada para levar a cabo medicións que acreditaran documentalmente o nivel de ruido emitido; e creo que tampouco foron eles os que primeiro experimentaron cos vasos de plástico: todo eso fíxoo o PP, o que quere decir que este alcalde non fixo nada e o que fixo fíxoo mal e de forma maliciosa e falsa”. Barcia asegurou que “o alcalde non é quen para dar leccións sobre nada e menos sobre concialiación do descanso co ocio: hai algún veciño de Burela que ainda está agardando a ser recibido por ter presentado escritos no concello por asunto de ruidos”.
Finalmente, Barcia manifestou o seu “absoluto respecto polo dereito ó descanso e á sáude, así como o respecto ó dereito ó ocio; tamén quero deixar claro o meu respecto pola sentencia, e polo tanto o seu acatamento, como non pode ser de outro xeito, pero considero que a mesma é esaxerada e desproporcionada. O que non sei é se o alcalde pensa o mesmo, porque de esto non dixo nada, ainda que tampouco me sorprende, porque nunca di nada e o seu discurso está totalmente vacío”.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



