Nota de Prensa
Un grave prexuízo á hostalaría do Valadouro
A hostalaría do Valadouro verá prexudicados gravemente os seus ingresos económicos, xa que non poderá ofrecer nos seus establecementos o partido ligueiro Barcelona – Real Madrid que se disputará no Camp Nou o vindeiro sábado 13 de decembro ás 22 horas, que emite en exclusiva a cadea de televisión A Sexta.
Por culpa do goberno municipal do Partido Popular do Concello do Valadouro non se ve a cadea de televisión A Sexta no noso concello, nin en forma analóxica nin pola TDT, aínda que para os orzamentos do presente ano 2008 figuraba unha partida para pór os reemisores para emitir a TDT, esta obra está sen facer como tantas outras por incumprimentos graves do actual goberno municipal dirixido desde a alcaldía polo señor Eulogio Fernández Sampayo.
O Concello do Valadouro está formado nunha parte moi importante por persoas maiores de máis de sesenta e cinco anos co cal nas súas casas non poderán seguir o Barcelona – Real Madrid, terán que facelo pola radio única e exclusivamente como hai corenta anos, os cidadáns do Valadouro somos cidadáns de terceira (xa nin de segunda).
Por outra banda ao non poder verse o Barcelona – Real Madrid, a mocidade do Valadouro e todos aqueles bos afeccionados ao fútbol terán que desprazarse á costa (Burela, Foz, Viveiro, Ribadeo) para poder seguir o partido da máxima, e os bares, restaurantes do noso Concello quedarán baleiros e sen ingresos, é moi triste que a xente do Valadouro teña que desprazarse aos concellos circundantes para poder ver un partido por televisión. Pero isto xa non é a primeira vez que pasa, no pasado mundial de baloncesto ocorreu exactamente o mesmo, a nosa hostalaría quedou sen os ingresos dun campionato mundial, dun deporte como o baloncesto, que ten tantísima audiencia, ¿e quen levou estes ingresos?, a hostalaría dos concellos veciños da costa.
E xa non é só que non se vexa A Sexta no Valadouro, é que en amplas zonas deste Concello, cadeas como A 2, Catro, Telecinco, Antena 3 e ultimamente a TVG vense con moitísimas interferencias e sobre todo no verán ás veces nin se ven. É hora de que unha vez por todas O Valadouro estea en igualdade de condicións co resto de concellos da Maríña e non esteamos na cola dos adiantos tecnolóxicos que nos impiden ter unha boa calidade de vida, e o goberno do Partido Popular e o señor alcalde quedan cruzado de brazos porque todo dálles igual e deben pensar que aínda estamos nos tempos nos que só existía a Primeira e Segunda Cadea de Televisión Española.

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



