Nota de prensa
Once embarcacións con porto base en Celeiro (nove delas faenan en parella tirando do mesmo aparello) e sete en Burela (das cales unha faena en parella) se están a ver directamente afectadas polos recortes nas capacidades de pesca
OS GRUPOS MUNICIPAIS DO PP REXISTRAN MOCIÓNS PLENARIAS EN APOIO DAS FLOTA PESQUEIRA MARIÑÁ
o De xeito destacado preocupa os recortes no tocante ao lirio e á xarda, dúas pesquerías que aglutinan un gran número de postos de traballo directos e centos de empregos indirectos pola ampla liña de comercialización e distribución destas especies.
o Reclaman a renegociación á alza das cotas pesqueiras para o ano 2011 de todas as especies de interese comercial tras o manifesto fracaso do Ministerio socialista durante o Consello de Ministros da Unión Europea.
o Demandan que o departamento estatal que dirixe Rosa Aguilar, de non acadar unha maior cota para a flota de arrastre, estableza unha liña de axudas a armadores e tripulantes, como administración competente nesta pesquería.
A Mariña, 7 de febreiro de 2011- Os grupos municipais do Partido Popular rexistrarán nos seus respectivos plenos mocións en apoio da flota pesqueira da Mariña lucense e, nomeadamente, das adicadas á captura de lirio (en castelán bacaladilla) e da xarda, xa que estas foron as especies comerciais que maior recorte veñen de sufrir, despois do fracaso na negociación do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño durante o Consello Europeo no que se decidiron as cotas pesqueiras para todo o ano 2011.
LIRIO E XARDA
As posibilidades de pesca do lirio redúcense ata un 93% con respecto ao ano 2010 e no caso da xarda, malia que a cota é a mesma que a do ano pasado, esta xa sufriu un recorte significativo no 2010 polo que o mantemento do mesmo nivel de cota “tan reducido” supón na práctica que moitas das embarcacións pesqueiras que habitualmente faenan nestas dúas pesquerías terán que amarrar en porto prematuramente e despedir aos seus mariñeiros e tripulantes.
Os populares lembran tamén que estas dúas pesquerías aglutinan na Mariña lucense un gran número de postos de traballo directos e centos de empregos indirectos pola ampla liña de distribución que teñen tanto a comercializaicón da xarda como do lirio.
RENOCIACIÓN OU AXUDAS
Para evitar os efectos perversos do fracaso do Goberno estatal na negociación das cotas pesqueiras os populares instan ao Executivo central a renegociar á alza as cotas destas dúas pesquerías e de todas aquelas especies de interese comercial para a flota da Mariña (como pode ser a pescada). Establecen tamén que, de non conseguir esta obxectivo, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño estableza unha liña de axudas dirixidas a tripulantes e armadores, de tal xeito que poidan ver compensada as perdas que ocasiona esta circunstancia. O Ministerio é ademais a única administración competente para negociar as cotas e para establecer as condicións de pesca destas especies e, polo tanto, este departamento estatal debe asumir a súa responsabilidade no fracaso de negociación achegando as axudas correspondentes.
18 EMBARCACIÓNS MARIÑÁS
Segundo os datos que manexan os populares da Mariña once embarcacións con porto base en Celeiro (9 delas faenan en parella tirando do mesmo aparello) e sete en Burela (das cales unha faena en parella) vense directamente afectadas polos recortes nas capacidades de pesca.
SITUACIÓN DOS CALADOIROS
Os grupos municipais do Partido Popular piden tamén que o Instituto Español de Oceanografía elabore un estudo actualizado sobre a situación dos recursos pesqueiros no Cantábrico noroeste, para coñecer a situación real dos stocks, toda vez que o propio sector está a recalcar que o nivel real de existencias de recurso son moitos máis amplas do que din os estudos. Os populares están convencidos de que ademais de criterios ambientais, tamén deben terse en conta criterios de índole social e económico para o establecemento das cotas pesqueiras.

















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



