Nota de prensa
O CONCELLO REMATOU A SINALIZACIÓN DE TRES NOVAS RUTAS DE SENDEIRISMO PARA DISFRUTE DOS VECIÑOS DA ZONA E DOS QUE VISITAN RIBADEO. SON AS RUTAS DA COSTA, A DA RÍA E A DOS MONTES. FERNANDO SUÁREZ DIXO QUE NOS VINDEIROS DÍAS REPARTIRÁN POLOS HOTEIS OS 3.000 FOLLETOS EDITADOS PARA A SÚA PROMOCIÓN.
Ribadeo, 21 de febreiro de 2011. O Concello rematou a sinalización de tres novas rutas de sendeirismo para disfrute dos veciños da zona e dos que visitan Ribadeo. E nos vindeiros días repartirá 3.000 folletos polos establecimentos hostaleiros para dalas a coñecer, segundo anunciou hoxe o alcalde.
Fernando Suárez sinalou que “a iniciativa levámolo adiante para atender esta demanda que o sector da hostelería e dos hoteis nos viña facendo de que Ribadeo, a pesares de ter moitas cousas vinculadas ao turismo, adoecía de rutas de sendeirismo ben sinalazas e marcadas. Agora aproveitamos unha subvención da reserva da biosfera para poñer en valor e sinalizar tres rutas que son as que presentamos hoxe. A ruta da costa, que vai desde Ribadeo pasando por Rinlo ata a praia das Catedrais; a ruta da ría de Ribadeo, que discorre prácticamente pola parroquia de Ove paralela á ría por camiños públicos e a ruta dos montes, que vai pola parte central do concello rematando no límite con Barreiros”.
O rexedor explicou que “se trata dunha inversión de 37.000 euros destinada a sinalizar estas rutas con postes, con balizas, con información de elementos a visitar, que nos costou bastante nalgunha ruta levar adiante co permiso que tivemos que conseguir de Conservación da Natureza, dado que eran zonas LIC (Lugares de Intererese Comunitario) da reserva da biosfera e tivemos que facelo con moito coidado e cariño”. Suárez Barcia está convencido de que “estas rutas serán un atractivo turístico por unha banda, pero tamén de paseo para moitos veciñas e veciños do noso concello, que agora na primavera poderán facer determinadas rutas de ocio e poderán perderse e atopar diversos recantos do noso concello que para moitos non son coñecidos”.
O alcalde subliñou que “nos vindeiros días enviaremos unha remesa de folletos a todo o sector hoteleiro e hostaleiro, dado que editamos 3.000 trípticos, 1.000 de cada ruta e confiamos que isto veña reforzar esta capacidade turística que ten Ribadeo e tamén que serva para que os nosos veciños e veciñas disfruten destas tres rutas de sendeirismo”.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



