Nota de prensa
En tanto en canto non se nos acredite por parte do Secretario da Excma. Deputación de Lugo que o proceso selectivo tivo en conta os principios de mérito, igualdade e capacidade que se deben esixir en toda contratación pública
O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE LOURENZÁ SOLICITAMOS A PARALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN DO PLAN LUGO EMPREGA 2011
* O resultado das probas selectivas veñen a confirmar o engano e a burla a que se viu sometida a xente de boa fe que acudíu ao proceso selectivo. Certos individuos, coñecedores da súa selección presumiron de, nin tan sequera cubrir as preguntas do exame, así como da súa afiliación política
* O Ente Provincial non respetou o principio de autonomía municipal
* Non se tiveron en conta as necesidades municipais e procedeuse a selecionar persoal descoñecendo as funcións para as que ían a ser contratados
* Con plans como iste o que pretenten ocultar é a súa mala conciencia pola dilapidación de recursos públicos que están levando a cabo nuns concellos en detrimento doutros, intentando ocultar a súa política discriminatoria de base política
* Brindámonos a colaborar na realización dun novo proceso selectivo donde esteñan presentes ademáis da Deputación os distintos sindicatos e o Concello, non tendo ningún inconvinte en admitir os seleccionados a día de hoxe sin saen outro vez elexidos neste novo proceso.
Lourenzá, 25 de Febreiro do 2011.- Unha vez resolta a fase de selección de persoal a contratar a cargo do Plan Lugo Emprega da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo e, visto o resultado da mesma, que vén a confirmar o engano e a burla ao que se viu sometida a xente de boa fe que acudiu ao proceso selectivo, o equipo de goberno do Concello de Lourenzá decidiu presentar o desacordo a seguir adiante con esta pantonima en tanto en canto non se realice un proceso selectivo que teña en conta os principios de mérito, capacidade e igualdade que debe rexir un proceso destas características.
Tomóuselles o pelo aos parados que, inocentemente, creron na limpeza do proceso selectivo e tiveron que contemplar atónitos cómo certos individuos, coñecedores da súa selección presumiron de, nin tan sequera cubrir as preguntas do exame, así como da súa afiliación política.
Hoxe mesmo, a través dun escrito dirixido a Excelentísima Deputación comunicámoslle que solicitamos a paralización do proceso de contratación en tanto en canto non se nos acredite por parte do Secretario do Ente Provincial que o proceso selectivo tivo en conta os princípios de mérito igualdade e capacidade que se deben de esixir en toda contratación pública.
A Deputación Provincial non respetou para nada o principio de autonomía municipal, realizando un proceso selectivo a medida dos intereses políticos dos dous partidos que cogobernan na Deputación.
Non se tiveron en conta, en absoluto, as necesidades municipais e procedeuse a selecionar persoal descoñecendo as funcións para as que ían a ser contratados, por conseguinte, as preguntas establecidas no exame dificilmente podían estar relacionadas coa especifidade do posto de traballo.
É incrible que un goberno que presume de ser progresista non tivera en conta nin a antigüidade no paro, nin a situación familiar,… feitos istes que deberan ser denunciados polos sindicatos, que paradoxicamente, non esixiron a súa presenza na fase de selección.
O Concello de Lourenzá aínda sendo sabedor de que o Plan era puramente electoraista, chega con ver as datas e a duración do contrato, está disposto a participar có obxetivo de que algún veciño con situación precaria poida beneficiarse del, pero ao que non estamos dispostos é a que con cartos públicos se beneficien somente os seus afiliados, familiares e amigos.
Non estamos dispostos a ser complices desta farsa, si queren seguir adiante que os contraten eles, como de seguro o farán. Pregámoslles que se quiten a máscara de colaboradores dos concellos. Posiblemente con plans como iste o que pretenden ocultar é a súa mala conciencia pola dilapidación de recursos públicos que están levando a cabo nuns concellos en detrimento doutros, intentando ocultar a súa política discriminatoria de base política.
Non obstante iste Concello sigue compartindo o obxetivo do Plan, a creación de emprego, aínda que sexa temporal e brindámonos a colaborar na realización dun novo proceso selectivo donde esteñan presentes ademáis da Deputación os distintos sindicatos e o Concello, non tendo ningún inconvinte en admitir os seleccionados a día de hoxe si saen outra vez elexidos neste novo proceso.






















As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.



