Nota de prensa
PLENO DA CORPORACION MUNICIPAL DO DIA 24 DE FEBRERO DE 2011, celebrado ás 20:30 en 1ª convocatoria.
Aprobáronse catro mocións:
1ª unha do P.P. instando ao Ministerio de Fomento a impulsar o Corredor entre Barreiros e San Ciprián, o Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, manifestou nesta moción, que é triste ver como o Partido Popular presenta mocións para que se faigan autovías, e cando tuvo a responsabilidade no goberno da nación có Sr. Aznar á cabeza e os seus correlixionarios na Comarca da Mariña, foron incapaces de facer un só metro de autovía dende Ribadeo a Bahamonde, e tivo que ser un goberno encabezado polo Partido Socialista quen leve a licitación de tramo tras tramo de dita autovía, como Alcalde teño que manifestar que a Autovía A 8 neste momento é prioritaria para todos os mariñanos, non obstante este Grupo Municipal vai apoiar esta moción do Partido Popular porque nunca nós frearemos o progreso en materia de infraestructuras e sempre buscaremos o mellor para a nosa cidadanía.
Votación: P.P. e P.S.O.E. sí, B.N.G. abstención.
Moción do B.N.G. de apoio á flota pesqueira galega diante da reducción das cuotas de captura. Votación: unanimidade.
Moción do B.N.G. contra a privatización das Caixas de Aforro. Votación: B.N.G. sí, P.P. abstención e P.S.O.E. en contra. O Alcalde manifestou nesta moción que este asunto está asumido polas propias caixas e polo tanto non debemos de ir contra algo que xa é evidente, a maiores avogamos por unha boa infraestructura bancaria en Galicia que permita aos cidadán facer operacións satisfactorias para os seus intereses e a maiores que se apoie con convenios sociais ao asociacionismo da nosa Galicia.
Moción do P.S.O.E. sobre hospitalización a domicilio. O Alcalde explicou que a hospitalización a domicilio ten fundamentalmente tres aspectos destacables: O primeiro que fai posible a recuperación do paciente no seu domicilio, xunto ao seu entorno familiar. A segunda que reduce o risco de infeccións que en ocasións se collen no medio hospitalario, e en terceiro lugar que posibilitan novos ingresos hospitalarios, unha xestión máis eficiente das listas de espera e un menor custo que a estancia no hospital.
A atención a domicilio dende a atención primaria tamén é esencial. Hai moitas persoas maiores dependentes e pacientes crónicos que necesitan de coidados e atención sanitaria.
Por todo esto solicitamos o voto da Corporación para:
1º.- Que se creen dúas unidades de hospitalización a domicilio na área sanitaria de Burela. Se amplie a hospitalización a domicilio con outras dúas unidades na área sanitaria de Lugo, que se cree unha unidade de hospitalización a domicilio na área sanitaria de Monforte.
2º.- Que tódolos servizos de atención primaria dispoñan de enfermeiras xestoras de casos.
Votación: Unanimidade.
* Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2011
Como era de esperar e este Alcalde o sabía, os Grupos da Corporación Municipal P.P. e B.N.G. votaron en contra do recoñecemento extraxudicial de créditos, coa mesma canción de sempre, que se gasta moito, que non se fai control do gasto, e que todos os anos pasa o mesmo.
O Alcalde manifestou que estes Concelleiros teñen unha irresponsabilidade total neste asunto, e que en todos os Concellos da provincia de Lugo e de Galicia se aproban gastos extraxudiciais de exercicios anteriores, e máis nestes anos donde os ingresos disminuen, manifestou o Alcalde que tanto P.P. e B.N.G. fanlle caso aos informes técnicos cando lles convén, porque neste caso o Interventor do Concello, foi claro dicindo que se debía de aprobar este expediente e logo se se daba o caso esixir responsabilidades, ¿qué fixeron estes señores?, facer caso omiso do informe do técnico, cando están acusando a este Alcalde de non facerlle caso en algunhas ocasión aos técnicos do Concello.
No ano 2010, ano de crises por suposto, este Concello tuvo que sufrir os gastos de reparacións no noso municipio por mor do temporal que nos caeu por xuño de 2010, a maiores este Concello non aproba os presupostos dende o ano 2008, porque tanto o P.P. como o B.N.G., rexeitaron os presupostos e non os quixeron aprobar, e os servicios crecen, se creou unha nova Gardería infantil que hai que poñerlle persoal para a súa limpeza, que hai que pagarlle o teléfono, a luz, a auga, o gas e as reparacións de mantemento que sexan necesarias, esto conleva máis diñeiro. Puxemos en marcha o Centro de Interpretación da Mariña de Lugo, hai que pagarlle as que atenden as salas de exposicións, hai que pagar a luz, hai que pagar a calefacción, e hai que pagar o servizo de limpeza, esto conleva diñeiro. A maiores houbo subas importantes nos recibos de servicios básicos, luz eléctrica, lixo, gas, telefonía, recollida de enseres, vaciado do punto limpo, etc. etc.. A maiores unha parte importante de proveedores deste recoñecemento extraxudicial, presentaron as súas facturas no rexistro do Concello en xaneiro con data de factura de decembro, polo tanto ten que ser recoñecida forzosamente no ano 2011, temos que ser conscientes de que os paseos marítimos do noso Concello que hai uns cantos kilómetros, así como as áreas recreativas, necesitan estar en condicións para poder ser utilizados polos nosos veciños e visitantes, e tamén aquí se produce un aumento de gasto considerable, que non está presupostado porque os Señores do P.P. e B.N.G. non queren aprobar os orzamentos.
O Alcalde manifesta que este Concello pódelle facer fronte tranquilamente aos 288.000 € que se teñen que recoñecer para que os proveedores cobren, e a maiores existe crédito suficiente para poder facelo así, o único obstáculo por suposto son os de sempre o P.P. e o B.N.G., que queren condenar aos nosos empresarios a que se pasen polo xulgado para poder cobrar as facturas, que sen dúbida o farán, pero cargándolle ao Concello os intereses de demora e as costas de dito pleito.
Teño que manifestar como Alcalde deste Concello que é tremendo comprobar como en outros Concellos onde gobernan estas forzas políticas isto é aprobado sen problemas e aquí non se fai, iso que estamos a falar de facturas de material necesario para obras do noso municipio, sen ningún tipo de fasto nin facturas fantasma nin nada polo estilo, rematou o Alcalde dicindo que apoiaremos a estes empresarios e lles pagaremos as súas facturas como corresponde.
Finalmente, tanto o P.P. como o B.N.G. quedaron en ridículo, debido a que anduveron manifestando por todos os medios de comunicación que este Alcalde se había gastado todo o remanente e que estabamos en déficit, cando o remanente do ano 2010 é positivo en máis de 60.000 €, según informe da Intervención do Concello, unha vez máis podemos comprobar como queren enganar aos cidadáns dando noticias que son falsas.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



