Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE Á POLICÍA LOCAL E Á GARDA CIVIL QUE EXTREMEN A VIXIANZA NO PASEO DO FARO PARA EVITAR QUE SE PRODUZAN DE NOVO FEITOS COMA OS OCURRIDOS NAS ÚLTIMAS HORAS. PRETO DE 20 ARQUETAS DO ALUMEADO PÚBLICO FORON MANIPULADAS COA INTENCIÓN DE ROUBARLLES O COBRE, AÍNDA QUE OS AUTORES NON CULMINARON A ACCIÓN.
Ribadeo, 28 de febreiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, pedíulles á Policía Local e á Garda Civil que extremen a vixianza no paseo do faro para evitar que se produzan de novo feitos coma os ocurridos nas últimas horas. Persoas desconocidas desenterraron e manipularon unhas 20 arquetas do alumeado público coa intención de roubar o cobre desas instalacións, aínda que non culminaron finalmente esa acción.
O rexedor dixo que “a raíz dunha comunicación dos técnicos municipais sobre esta acometida de cables que surten de fluido eléctrico ao alumeado que vai polo paseo do faro, soubemos que unhas 20 arquetas de cableado foron manipuladas e desenterradas en moitos dos caso. Isto nos pode levar a pensar por unha banda nun acto vandálico, aínda que difícil, e por outra nun intento descarado de roubo deste cable que é unha cantidade importante de cobre que unha ou varias persoas, por algún motivo, quixeron roubar nun sitio apartado, como é o paseo do faro, de noite cando non hai ninguén por alí, pero por algún motivo non chegaron a perpetrar o roubo”.
Suárez Barcia explicou que “indiquéille á Policía Local que extreme a vixianza neste entorno e tamén á Garda Civil, que é a que patrulla polas noites, para que teña en conta este detalle tan rechamante e apelo tamén á colaboración cidadá para que si alguén ve algo sospeitoso, agora ou no futuro, o faga saber ás autoridades competentes. En Ribadeo xa non deixa de sorprendernos calquera cousa que poida pasar”.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



