Nota de prensa:
O Concello de Foz sigue a traballar dentro das súas posibilidades e a pesar da crises que estamos a padecer, polo mundo do asociacionismo de Foz, e así acabamos de ingresar nas contas das distintas asociacións as subvencións que lles corresponden no eido cultural, o Alcalde manifestou a pesar de que algúns dicen que estamos con falta de liquidez, a verdade é que nós seguimos a cumplir con disciplina e traballo os nosos compromisos, os grupos da oposición non paran de criticar porque o que queren é que todo vaia mal en vez de arrimar o hombro nos momentos complicados o que están a facer é intentar complicarlle ao grupo de goberno as cousas, iso non o van a conseguir e nós seguimos o noso rumbo, hoxe ingresamos o diñeiro das asociacións culturais e dentro duns días serán os das deportivas, e a continuación aos demáis proveedores que lles estamos a adeudar facturas polo traballo feito, así as cousas as asociacións beneficiarias son as seguintes:
– Asociación Cultural O Feitizo, subvención 2010….. 800,00 €
– Coro de S. Acisclo, subvención 2010…………….. 472,00 €
– Coro Parroquial de Foz, subvención 2010………. 472,00 €
– Coro Asoc. Veciños Cordido, subvención 2010…. 472,00 €
– Banda de Música de Foz, subvención 2010………3.400,00 €
– Coro Parroquial de Cangas, (2009-2010)………… 754,00 €
– Asoc. Folclórica A Subela………………………….. 800,00 €
– Asoc. Cultural O Castro…………………………….. 800,00 €
– Coral Polifónica de Foz…………………………….. 1.500,00 €
– I.G. 10 , escolas deportivas………………………..18.259,00 €
________
TOTAL………………………… 26.975,00 €
O Alcalde manifesta que seguiremos traballando polo asociacionismo e agradecemos a todos estes grupos a colaboración prestada ao noso Concello e que sen dúbida que dure moitos máis anos.




















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



