Nota de prensa
IGUALDADE NOS SALARIOS E NAS PENSIÓNS EQUIDADE!
CCOO afirma que a interacción entre estes tres factores: os salarios, a xornada a tempo parcial e as reglas de cálculo da pensión inflúen na desigualdade entre as pensións de mulleres e homes.
Viveiro, a 4 de marzo de 2011
Os contidos do Acordo de Pensións prevén novas actuacións para mellorar as carreiras de cotizacións curtas que afectan maioritariamente ás mulleres. En concreto, recoñece períodos de cotizacións de 9 meses en relación a excedencias por nacemento e adopcións, cun máximo de dous anos, sempre que con ese período adicional se acade a carreira de cotizacións suficiente para a xubilación plena entre os 65 e 67 anos. A reforma pactada tamén contempla a ampliación a tres anos de excedencia para o coidado de fillos e fillas con cotización á Seguridade Social.
O Sistema Público de Pensións é hoxe máis forte coas medidas que se incorporaron ao Acordo Social do 2 de febreiro de 2011, pero reforzaríase máis o seu sostén e corrixiríanse as ineficiencias que o fan vulnerable no factor de ingresos co incremento da ocupación das mulleres nun emprego de calidade. A exclusión do mercado laboral de milleiros de mulleres que se atopan no paro de longa duración ou estrutural dificulta o obxectivo e equidade do sistema de pensións, ademáis son moitas as mulleres, activas laboralmente que non acadarán unha pensión plena e suficiente debido a condicións de segregación e precariedade laboral. Para iso, adquire gran valor o mantemento do número de anos de cotización mínimo esixido para xerar o dereito a unha pensión, son 15 anos os que permiten o acceso aos complementos a mínimos para persoas onde a carreira de cotización non lles permitiu construír unha pensión igual ou superior ás pensións mínimas.
O compromiso acadado no Acordo de Integración dos Rexímenes Especial Agrario e de Emprego do Fogar no réxime Xeral da SS propiciará que moitos traballadores-as logren cotizar o mínimo esixido para acadar unha pensión contributiva e incorporarase a toda a poboación traballadora á cotización á SS. No caso do Emprego do Fogar, coa cotización de todas as persoas que traballan, a prestación por incapacidade temporal pecibirase dende o noveno día e a cobertura de continxenzas profesionais. CCOO considera de gran transcendencia, ademáis da integración no Réxime Xeral da SS, a profesionalización deste sector, pois facilitará a creación de empresas adicadas a esta actividade, a sindicalización e a cobertura co convenio colectivo para quen a desempeña.
O sistema público de pensións contributivas de xubilación é un bo reflexo da vida laboral de cada unha das persoas que contribuiron ao sistema: a contía da súa pensión ven determinada pola base reguladora que determina a cotización. É dicir, a cotización económica realizada e o tempo traballado son determinantes na contía da pensión percibida. A conclusión é que a interacción entre os factores de salarios, xornada a tempo parcial e as reglas de cálculo da pensión inflúen na desigualdade entre pensións de mulleres e homes.
O máis relevante desta reflexión sobre a reforma das pensións é que, de por sí, non se resolverá o principal problema: a suficiencia no ingreso de cotizacións á Seguridade Social como principal elemento de sostenibilidade e contributividade do sistema. Para iso, consideramos, dende CCOO, que é necesario un cambio no modelo produtivo, que promova transformacións estruturais para o emprego de calidade, de maneira que mulleres e homes participen en igualdade (tanto no traballo retribuído coma no non retribuído, tamén necesario para o mentemento, atención e coidados das persoas).





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



