Nota de prensa
LOBEIRA CUALIFICA DE “DESPROPORCIONADO E INXUSTO” O IMPOSTO POR RENOVACIÓN DE BATEAS
Para o deputado do BNG é “intolerábel e inxustificado” que este imposto pase de 144 euros a unhas cantidades que poden oscilar entre os 8.000 e os 10.000 euros, incluso de maneira retroactiva
Santiago de Compostela, 18 Marzo 2011.- O deputado do G.P do BNG Bieito Lobeira lamentou hoxe, no transcurso da Comisión de Pesca e Marisqueo celebrada no Parlamento galego, que o PP non practique a mesma vehemencia coas medidas antisociais do Goberno do Estado que coas súas propias nos asuntos nos que ten competencias, “e non lle trema a man”, por exemplo, á hora de subir as taxas para renovar o canón de concesión de bateas, que vai experimentar un incremento “brutal” e “intolerábel”, xa que pasará de 144 euros, a cantidades que oscilan entre os 8.000 e os 10.000 euros.
Trala resposta do director xeral de Tributos, o parlamentario nacionalista negou que este imposto pretenda rematar coa fraude e –na súa opinión-, resulta “escandaloso” que o Partido popular, mentres ataca a voracidade recadatoria do goberno Zapatero, exerza a súa propia cebándose cos bateeiros, un sector produtivo básico da nosa economía, cando por outra parte, dixo, o PP negase a “gravar as grandes fortunas especuladoras”.
Para o parlamentar, sorprende, ademais, o método de cálculo da Consellería para xustificar este salto nas cifras, pois faise en función dos beneficios que a propia Xunta estima vai ter a batea nos próximos dez anos, “esquecendo a dura situación que está a atravesar o sector que está a facturar a metade do que facturaba o ano pasado”.
Importación de mexillón chileno
Por outra parte, o deputado do BNG tamén formulou nesta comisión unha pregunta ao Goberno galego sobre a introdución na Galiza de mexillón importado de procedencia chilena.
Na súa intervención, o parlamentario nacionalista explicou que no ano 2009 producíronse en Galiza 225.000 toneladas de mexillón das que 139.000 foron destinas á venda en fresco e 82.000 á industria conserveira.
Ante estes datos -o seu xuízo-, estase modificando a tendencia na comercialización deste molusco que historicamente dedicaba o 70% á industria e o 30% ao venda en fresco “exactamente o contrario do que hoxe acontece”.
Para o parlamentario nacionalista estase a producir un proceso paulatino de substitución do mexillón propio polo foráneo de procedencia chilena e neste sentido fixo referencia a denuncia do Consello Regulador do Mexillón de Galiza, que tras varios análises do ADN nos envases confirmou que se estaba a vender mexillón chileno como se fora galego.
Lobeira afirmou que “a administración galega debe defender o noso e non permitir que os consumidores sexan enganados” e para iso, dixo, “debe ser perseguida a fraude”.
Na replica, trala resposta do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, dependente da Consellaría do Mar, Lobeira lamentou que o Goberno galego non teñan previsto poñer en marcha “medidas contra o fraude ao consumidor” e cualificou de “política neoliberal” e defensa do “capitalismo feroz” manter a importación do mexillón chileno e a súa comercialización fronte a mexillón galego.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



