Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE O SEU EQUIPO RECAUDOU POLO MERCADO SEMANAL DOS MÉRCORES UN 60% MÁIS QUE NO ÚLTIMO ANO DE GOBERNO DE PÉREZ VACAS, SEN SUBIR UN SÓ CÉNTIMO AS TAXAS CORRESPONDENTES. A RECADACIÓN NO 2010 ASCENDEU A 57.600 EUROS.
Ribadeo, 27 de abril de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o seu equipo recaudou polo mercado semanal dos mércores un 60% máis que no último ano de goberno de Balbino Pérez Vacas. No 2006 foron 35.000 euros os recaudados e no 2010 chegaron aos 57.600, segundo os datos facilitados esta mañá polo rexedor.
Suárez Barcia lamentou “as desafortunadas críticas do compañeiro de Corporación Ramón López, nótase que estamos a 25 días das eleccións e inténtase descalificar todo o traballo feito e ben feito por este goberno municipal no mercado dos mércores. Criticarme como me critica dicindo que o mercado está abandoado, que a interventora vai alí cobrar, etc, é faltarlle á verdade absolutamente”.
O alcalde lembrou que “nós tivemos, como él ben sabe, un problema moi importante hai dous anos co mercado, un problema que a propia oposición se encargou de alimentar e logo, afortunadamente para Ribadeo, a razón voltou a quen a tiña. E para mostra un bótón, debo dicir que na recadación do mercadiño semanal, no que ten que ver cos ambulantes, no 2006 foron 35.000 euros, no 2007 foron 33.500 euros, no 2008 foron 34.700, no 2009 despois de todo o follón chegamos a 51.700 euros e no 2010 foron 57.600 euros, é dicir trátase dun incremento de máis do 60% en relación co último ano de goberno do señor Balbino Pérez Vacas”. Fernando Suárez subliñou que “estas cifras prodúcense cando as superficies ocupadas son prácticamente as mesmas e todo isto sin que se subisen as taxas nin un só céntimo de euro, tan só por ir, comprobar, medir, repasar, liquidar e cobrar e o que non paga non volve a montar, porque senón sería unha inxustiza. E toda esta labor tamén a está a facer a interventora por moito que lle moleste ao señor López. A interventora non vai para cobrar, senón que vai a informar e asesorar, porque o que nós queremos é que todo funcione en armonía e que haxa os menores problemas posibles”.
O rexedor recalcou que “no pleno de marzo, e que pouca memoria hai na xente, o Concello aprobou por unanimidade e o seu grupo tamén votou a favor da modificación na ordenanza do cambio de sistema de pago para pasar de conta en entidade bancaria, que nos daba moitos problemas, a un sistema de pago consensuado cos ambulantes para que eles mesmos procedan aos pagos. Esa ordenanza foi aprobada inicialmente en marzo, está a exposición pública, aínda non está definitivamente aprobada, pero unha vez que así sexa poderánse expedir xa autorizacións para este exercizo 2011 e a partires dese momento xa poderán pagar os ambulantes cando o desexen”.
Suárez Barcia dixo que “para estes meses pendentes desde primeiros de ano darémoslles as maiores facilidades posibles, como se fixo sempre, e como é intención deste goberno e deste alcalde. A intención deste alcalde non é polemizar como fai moita xente da oposición, senón que é intentar resolver e que todo o mundo pague polo que ocupa e que todo o mundo pague o que debe e facilitar as cousas o máximo posible. Nunca nos gusta entrar en guerras como quixeron moitas veces facernos entrar, pero si tivemos que ir a elas defendemos a razón e a coherencia e aí están os resultados económicos, que dan boa proba do que fixemos”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



