É certo que nos
día de hoxe coa tecnoloxía conseguimos estampas artísticas sorprendentes. É certo que nos permiten observar dimensións plásticas da materia ata agora insospeitada mais pechemos os ollos diante delas e non sentiremos nada. Todas carecen da dimensión humana, fáltalles o aroma do artista, a sublime capacidade de parir ideas polas mans que a traballan. Esta fermosa sensación queda para sempre gravada na alma sobor de todo se cando sendo aínda un neno tiveche-la sorte de atoparte na ensinanza cun mestre da arte con humanidade tal como me ocorriu a min con Don Juan Puchades. Digo D. Juan porque pedagóxicamente namoraba.
A dicir verdade, varios anos antes de matricularme no Instituto San Rosendo de Mondoñedo, e sen saber eu quen el era D. Juan a min xa me conquistara. E foi cunha navalla! Non minto,cunha pequena navalla impartiume unha lección tan suprema que aínda hoxe a levo por bandeira: “ Es una tristeza que en Galicia no sepamos aprovechar los enormes recursos que nos ofrece esta tierra “- explicou mentres pelaba un marmelo dos moitos que o noso marmeleiro sementara no chan, á porta da miña casa , no Reguengo, a onde el se desprazara acompañando ó médico Manuel Bermúdez que nese intre visitaba a un enfermo. Co paso dos anos e observando o presente aínda hoxe penso que redescubrir Mondoñedo é a asignatura pendiente que temos tódolos mindonienses porque vivir só dos recordos obriga a fuxir ós mais novos e o resto miramos ó pobo sempre con bágoas nos ollos.
O aproveitamento daquel desaproveitado marmelo estimulou a producción de ducias de latas dunha crema de ouro doce coa que acompañabamos o queixo na sega, nas mallas,.. chegando a ser o agasallo emblema da casa.
A miña sorpresa foi descubrir ó home da navalla colocando un xarrón con flores nun taburete do Instituto para o exame libre de Debuxo Artístico en primeiro de Bacharelato, e ó ano seguinte reapareceu na perspectiva que as mans do xenial Xosé Vizoso me ensinaran os domingos. Os reencontros anuais convertíronse en habituais cando ingresei no instituto onde aprendín a disfrutar da súa sabedoría,da súa capacidade de convertir o sinxelo en sublime. Lembro os reflexos daqueles cervos asomados ás beiras dun lago ateselado co cal obtivemos premio ó mellor mosaico a nivel provincial e repetimos ó ano seguinte cunhas coloridas carabelas de madeiras e metal. Con el comprendín que de pouco serve o talento cando non hai dedicación. A súa pedagoxía global, multidisciplinaria, transmitida nun clima cordial que el mesmo creaba coa súa ironía, coa súa ollada amable mentres interpretaba as ideas do alumno para desenrolar a nosa creatividade, facían do mestre Puchades un modelo único de profesor con personalidade.
Recibir o ben merecido título de Fillo Adoptivo de Mondoñedo significa un recoñemento colectivo ó traballo , ó carisma demostrado durante toda unha vida ,unha maneira xusta para que D. Juan Puchades saiba que a súa luz de Valencia acariñounos a alma, tal fose un raio por entre os penedos, abrindo camiños para que viran os nenos outro horizonte, outra esperanza.
Mentres merco unha pequena navalla para irmos pelar xuntos nos marmelos durante moitos anos alá nas ribeiras do Masma só me queda por dicirlle: Parabéns e moitas grazas!
Francisco Piñeiro González


















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



