Nota de prensa
Basanta chama a participar para facer xustiza unindo aos focegos arredor dos principios democráticos
Foz homenaxea o 1º de Maio aos represaliados do franquismo.
Foz a 29 de abril de 2011.- O Bloque Nacionalista Galego vai homenaxear o vindeiro Domingo 1 de Maio ás 18:00 h na Praza de Foz ao pé da placa instalada na antiga Praza de Abastos a todos aqueles veciños que dedicaron os seus esforzos a construír un Concello mellor e que sufriron os rigores da represión franquista, simplemente por destacar no seu apoio a aquel programa de reforma e benestar social que representou a República.
Segundo destacou Xoán Carlos Basanta, que convidou a todos os veciños de Foz a acudir a este acto “un acto que está por riba dos partidos e das ideoloxías e que o único que pretende e facer xustiza unindo aos focegos arredor dos principios democráticos” e que recordou que os nacionalistas difundiron estes días unha folla informativa sobre o acto entre a poboación do Concello, a data escolleuse pola “significación política do 1º de Maio e por atoparnos das vésperas do 75 aniversario do alzamento militar franquista que puxo remate a un período cheo de esperanzas e progreso social para o noso Concello e deu inicio a un calvario para moitos conveciños nosos que loitaran por unha sociedade máis xusta e democrática”.
Os nacionalistas indicaron que “existe unha débeda moral e tamén política con todos estes homes e mulleres, unha débeda que xurde do seu compromiso cos valores da democracia e da xustiza social pero tamén unha débeda imposto polo silencio social ao que foron sometidos polos 40 anos de franquismo. Uns eran socialistas, outros comunistas, outros anarquistas, tamén os había nacionalistas e simplemente republicanos, o franquismo tildounos como “os roxos” e así chegaron até nos. Independentemente da súa posición ideolóxica, quédanos o seu exemplo, o exemplo de quen estaban dispostos a morrer e sufrir polas súas ideas e non dos que querían vivir das súas ideas”.” Nun momento coma este de desfiguración dos valores democráticos, de consideración da política non coma un servicio público, senón como unha vía para a defensa do particular, de renuncia fronte aos poderosos e non de aposta polas maiorías sociais, estes homes e mulleres son para nos espello e tamén vieiro” recalcan os nacionalistas.
O candidato do BNG a Alcaldía, Xoán Carlos Basanta, afirmou que “a II República que se alongou desde Abril do 31 a Xullo do 36 significou en Foz a apertura de novas escolas e comedores infantís, a implantación da xornada laboral de 8 horas, o xurdimento dos primeiros clubs deportivos e sociedades culturais, a realización de importantes obras públicas pero sobre todo un novo réxime no que os focegos do común se converteron en donos do seu destino. Unha II República que coincidiu historicamente cunha crise do capitalismo semellante a presente, pero na contra de acometer recortes sociais, os diferentes gobernos, tamén o goberno local de Foz, actuou como panca para crear emprego, apostou pola educación e a sanidade e tentou amortiguar os efectos da mesma entre os máis desfavorecidos. Esta é a herdanza que nos deixan e a herdanza pola que nos queremos transitar”.” A súa forza era a dos valores, a dos principios, a das conviccións. Foron fieis a eles mesmos e ao que representaban e non se dobregaron. Ddestes valores, destes principios, destas conviccións son das que hoxe precisamos porque non só outro Foz, outro mundo é posíbel senón tamén que é necesario” rematou Basanta.
Xan Carlos González Basanta
Portavoz Municipal do BNG
659132834
Listado de represaliados de Foz
Andrés García Ferreiro, fusilado en Coruña o 15 de Marzo de 1937.
María do Carme Pérez e García, asasinada na Areoura o 5 de Outubro de 1936.
Ramiro Fernández Dorrego (Ramiro de Poza), detido entre 1936 e 1941.
Xosé Mel Pérez, Alcalde detido na prisión de Monforte.
Amalio Rodríguez Rodríguez (Amalito O Reloxeiro), membro do V Regimiento, detido entre 1939 e 1941.
Francisco Fuente Riego, (Paco de Santa Cilla), Alcalde do Frente Popular, detido e multado.
Francisco Seijas Basanta (O Petrulo), detido e multado.
Xosé Paz García (Pepe da Pena), detido e multado con 60.000 pts.
Ramón Couto Couto (Ramón da Villa Modesta), V Regimiento, detido entre 1939 e 1941.
Manuel Camba Costa (O Bernizador), detido e multado.
Xosé Paz Vázquez (Pepito da Pena), detido e posteriormente exiliado en Francia.
Ramón García García (Ramón O Zapateiro), detido e multado.
Antonio Martínez Castiñeira (Antonio de Eusebia), detido e multado.
Benigno Beltrán Ares (Benigno da Calzona), suspendido de emprego e desterrado a Asturias.
Francisco Fernández López (Francisco do Taller), multado.
Xosé Ramón Rodríguez Vázquez( O Rosino), multado.
Xosé Ramos García. Decomisada a pensión que cobraba por un fillo morto na Guerra durante dous anos.
Ramón Teijeira Posada (Ramón do Montañés), detido e multado.
Ramón Martínez Villarino (Gómez), detido e multado.
Pablo Díaz Iáñez, multado.
Tomas Ramón López Leitón (Don Ramón da Botica), multado.
Ramón Bargo Estúa, multado.
Rosendo Campos Osorio, detido e multado.
Leonardo Uría, detido e multado.
Manuel Campo, multado.
Amando Pardiñas, multado.
Xosé Antonio Fernández (O Xuez), multado.
Máximo Causo, Presidente da Confraría de Pescadores, detido, multado e desterrado a Bilbao.
Valentín Eijo, carteiro de Fazouro, apartado do emprego definitivamente e multado.
Xosé Fernández Fernández, carteiro de Santa Cilla, apartado do emprego definitivamente e multado.
Benito Tarrón Bargo, carteiro, apartado do emprego definitivamente e multado.
Alfredo López, mestre de Ribela, suspendido do maxisterio.
Francisco López, multado.
Xosé López, detido e multado.
Antonio Neira Alonso (Bambolia), detido.
Xosé Rodríguez Canoura,detido.
Xosé María Sánchez Blanco, detido.
Antonio Díaz Ortiz, detido.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



