Nota de prensa
O BNG presenta o Sábado a súa lista e programa en Lourenzá.
O Bloque Nacionalista Galego presentará o vindeiro sábado 30 de Abril ás 20:00 h na Sala de Conferencias do Concello a súa candidatura e o seu programa para Lourenzá nun acto no que farán uso da palabra xunto ao Candidato a Alcaldía Cesar Docampo, Xermán Pérez, número 2 da lista, Belén Fanego, número 3, e o delegado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga.
Segundo indicou Cesar Docampo “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Lourenzá está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto implique desterrar as prácticas clientelares. En definitiva tratase de rematar cun goberno que se caracterizou por vinte anos de promesas e outros tantos anos de incumprimentos”.
O candidato nacionalista a Alcaldía destacou que “nos somos moitos máis que un grupo de persoas dispostos e comprometidos en cambiar o rumbo do Concello. A nosa é unha proposta de rexeneración democrática para o Concello, de compromiso co emprego e o desenvolvemento local e de mellora do benestar social e de calidade de vida dos veciños. O noso programa non é o da confrontación, o de dividir aos veciños , o de discriminar a este porque non é o dos meus e de favorecer ao outro porque si o é. Temos propostas, alternativas, isto é o noso é un Lourenzá en positivo, no que goberne o pobo”.
Os nacionalistas afirmaron que “o noso programa non ten nada de excepcional, o que é excepcional é que os outros carezan del e que tenten paliar a ausencia do mesmo acudindo a confrontación. A nosa vontade e converter a Lourenzá na capital do sector forestal de Galiza, instalando no Concello unha delegación do CIS-Madeira, apoiar aos sectores productivos, nomeadamente ao hortícola, leiteiro e forestal así como potenciar Lourenzá como destino turístico mediante a valorización do seu patrimonio cultural e natural. Os Concellos non só poden senón que deben xogar un papel central na dinamización económica, dinamización económica que debe significar creación de emprego, pero tamén emprego de calidade e garantías e dereitos laborais para os traballadores”.
Docampo que explicou que “ a prioridade do Bloque son as persoas, por iso a nosa oferta, vai priorizar os servicios públicos, na dobre perspectiva da súa universalización e tamén de extensión”, reclamou “ a recuperación das urxencias farmacéuticas e sanitarias para Lourenzá, a posta en funcionamento urxente cos servicios necesarios do Centro de Día, o potenciamento do servicio de axuda a domicilio, garantindo a súa universalización, sen exclusións por razóns de renda e a dotación dunha zona municipal de xogos para os nenos así como a posta en marcha dunha ludoteca”. Na mesma liña defendeu “ unha nova oferta cultural e de ocio para Lourenzá que chegue conxunto dos núcleos do Concello descentralizando as actividades así como a creación dunha escola municipal de música e apoio as manifestacións culturais do Concello”.
Xa por último expresou “ o compromiso cunha nova forma de xestión dos servicios municipais básicos que deben pasar por un plano de recuperación da rede viaria do Concello, cun traballo de mantemento continuado, que rematen co abandono e a situación de perigo das pistas forestais así como na posta en funcionamento dun aparcadoiro nas proximidades do Campo de Bolos que poña remate a conxestión do tráfico na Vila”.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



