Nota de prensa
Aberto o prazo para que as empresas lucenses se adhiran á plataforma de comercio electrónico da Deputación
– As firmas poderán sumarse de xeito totalmente gratuíto á iniciativa, que lles permitirá incrementar o seu volume de beneficios e proxección a través da venda por internet
– Este primeiro “centro comercial virtual” da provincia non ten límite de empresas e produtos, polo que incrementará de xeito progresivo a súa oferta
– As bases da convocatoria poden consultarse na web www.deputacionlugo.org e as solicitudes e documentación correspondente deben presentarse no Rexistro Xeral da Deputación
A Deputación de Lugo abriu o prazo para que as empresas da provincia interesadas en comercializar os seus produtos e servizos a través de internet presenten unha solicitude de adhesión á plataforma de comercio electrónico creada polo organismo provincial no marco do programa Innova-TE, cofinanciado nun 70% polos fondos europeos FEDER. A adhesión e uso da plataforma, denominada “Los Productos de Lugo”, serán totalmente gratuítos para as firmas. Os interesados poden consultar xa as bases da convocatoria na páxina web www.deputacionlugo.org e a documentación correspondente deberá presentarse no Rexistro Xeral da Deputación.
Con esta iniciativa, a institución provincial contribúe por medio das novas tecnoloxías ó desenvolvemento económico de Lugo e á promoción das empresas, abríndolles unha nova canle de venda dos seus produtos e servizos, o que servirá para que incrementen o volume de beneficios. As firmas terán deste xeito un espazo para anunciarse, vender e distribuír os seus produtos en novos mercados as 24 horas do día os 365 días do ano. Ofrecerase así mesmo por vez primeira unha imaxe de marca de Produtos de Lugo, independentemente do proveedor que os ofreza; e aforrarase tempo e cartos ós clientes.
Este primeiro “centro comercial virtual da provincia” desenvolverase de xeito progresivo, non tendo límite de empresas nin produtos, polo que incrementará de xeito gradual a súa oferta.
As empresas que presenten unha solicitude para formar parte dela deberán superar un proceso de selección no que terán prioridade dous criterios: a orde cronolóxica de presentación das solicitudes e a incorporación de produtos autóctonos e representativos da provincia. O prazo para anotarse é ilimitado, pero hai que ter en conta que á hora da incorporación das empresas á plataforma, terase en conta a orde na que se teñan inscrito.
Documentos a presentar
A documentación que é necesario presentar é a seguinte: unha ficha cos datos da empresa e outra coas características dos produtos e servizos que vende, e a propia solicitude cumprimentada. Estes tres formularios poden descargarse na páxina www.deputacionlugo.org. Ademais, haberá que adxuntar imaxes do logotipo da empresa, das propias instalacións da firma e fotografías do produto.
O proxecto inclúe a posta en marcha dunha pasarela de pagos telemáticos, habilitada a través dunha entidade financeira. Tamén disporá dunha empresa loxística para a recollida e entrega dos produtos aos compradores.
A Deputación ofrece un Centro de Atención ao Usuario (CAU), que apoiará ás empresas na realización das xestións de alta, modificación ou eliminación de produtos da plataforma de comercio electrónico. Para contactar pódese chamar ó número de teléfono 982.26.00.77 ou ben enviar un correo á dirección ecomercioinnovate@deputacionlugo.org




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



