Nota de prensa
*HERNÁNDEZ SINALA QUE A XUNTA CONSIGNOU 39 MILLÓNS DE EUROS NOS ORZAMENTOS DE
2010 E 2011 PARA A VAC COSTA NORTE (FERROL- SAN CIBRAO), O DOBRE QUE EN TODA A
LEXISLATURA ANTERIOR*
Santiago, 4 de maio de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou hoxe na súa intervención no
Parlamento que máis da metade da autovía entre Ferrol e San Cibrao (48,5 dos 84
kms totais) chegou a estar paralizada na súa tramitación e unicamente se
atopaban en obras 11 km da variante de Ortigueira despois de catro anos do
Goberno anterior.
A Xunta de Galicia, fronte aos 16,9 millóns de euros destinados a esta vía entre
2006 e 2009, dos que só se investiron realmente 1,5 millóns, consignou nos seus
dous primeiros orzamentos (2010 e 2011) arredor de 39 millóns de euros, máis do
dobre de toda a pasada lexislatura.
O conselleiro Agustín Hernández lembrou que a orixe desta infraestrutura viaria
remóntase a agosto de 2003, cando se someteron a información pública os estudos
informativos do tramo autonómico desta vía de alta capacidade. En 2005 quedaron
adxudicados os proxectos de trazado de tres tramos, dos oito nos que foi
contemplada a actuación. Polo tanto, cabe citar que non é correcto referirse a
esta vía como unha infraestrutura deseñada e promovida na anterior lexislatura.
O actual Goberno da Xunta incluíu cambios en prazos e orzamentos, aplicando a
transparencia e o diálogo e mantendo informados aos representantes dos concellos
por onde discorre a traza. A día de hoxe, existen tramos en proceso de
expropiación e outros que teñen o seu proxecto en redacción, polo que logo de
cumpridos os trámites precisos poderán ser licitados.
O titular de Infraestruturas afirmou que o seu departamento non vai xogar cos
prazos de forma irresponsable como se fixo na anterior lexislatura, posto que en
2007 declarábase que esta vía tería en 2008 máis de 60 km en obras e estaría
concluído en 2011. A realidade foi que ata xaneiro de 2009 non se iniciaron as
obras na variante de Ortigueira, o primeiro e único treito de 8 km que puideron
acometer.
O Goberno galego está a traballar para a axilización das actuacións co fin de
que a maior parte da infraestrutura (78%) estea en servizo dentro de catro anos
e algúns dos treitos xa se poderán utilizar a partir do vindeiro ano.
Tramitación e execución
O treito I, dende a AG-64 (San Sadurniño) ata o Campo do Hospital, está en
trámite de expropiacións nos seus tres subtreitos. A previsión é que se liciten
as obras neste ano. O seu horizonte no plan MOVE está marcado para o 2015, aínda
que se agarda poder rematalo entre 2013 e 2014.
No treito II, entre Campo do Hospital e o enlace da AC-101 (As Pontes-
Ortigueira), vanse publicar proximamente os decretos de urxente ocupación. A
tramitación das expropiacións e a licitación da obra prevese en 2013 e a posta
en servizo en 2015.
O tramo III, a denominada variante de Ortigueira, atópase en execución,
prevéndose a súa finalización para 2013 no plan MOVE. Non obstante, a intención
da Xunta é adiantar a posta en funcionamento a finais de 2011 ou principios de 2012.
No treito IV, entre Espasante e Os Ramos, o proxecto está en redacción. As
expropiacións e a licitación realizaranse entre 2013 e 2014 para poder poñer en
servizo o tramo antes de 2017.
No tramo V, entre Os Ramos e Covas, o proxecto está tamén en redacción. Prevese
expropiar e licitar entre 2014 e 2015 e poñer en servizo en 2017.
No treito VI, entre Covas e Viveiro Sur, o proxecto atópase en redacción. A fase
de expropiacións correspóndese co 2013 e a posta en funcionamento con 2015, dous
anos antes do horizonte do MOVE.
No tramo VII, entre Viveiro Sur e Celeiro, o proxecto está en redacción e as
expropiacións levaranse a cabo este ano. Seguidamente, licitarase para a súa
posta en servizo en 2014.
Por último, o treito VIII, entre Celeiro e San Cibrao, está en execución. A
previsión é que entre en servizo entre finais de 2012 e principios de 2013, ano
horizonte fixado no Plan MOVE.
En definitiva, a intención da Xunta de Galicia é ter en servizo ou en obras as
dúas terceiras partes (67%) do itinerario entre Ferrol e San Cibrao no ano 2013.
A terceira parte restante estará rematada antes do 2017, axustando ao máximo
posible os prazos marcados no Plan MOVE para cada un dos tramos.
San Cibrao-Barreiros
Por outra parte, o conselleiro Hernández tamén se referiu ao tramo de 30 kms
entre San Cibrao e Barreiros fundamental para a conexión de todo o litoral norte
coa autovía do Cantábrico que lle corresponde asumir ao Goberno do Estado. Este
tramo leva varios anos nun proceso de estudo informativo e aínda hoxe as
alegacións están sen responder.
O Goberno do Estado só recolleu este ano 10.000 euros nos orzamentos para a
execución do citado treito, boa proba da parálise á que está sometido.
Por último, recordou que o 6 de abril de 2011 a Xunta de Galicia aprobou o seu
Plan de Infraestruturas de Ferrol, Eume, Ortegal e a mariña lucense, no que se
estableceron unha serie de infraestruturas viarias a executar por parte da Xunta
e do Ministerio de Fomento. Neste plan a Xunta tiña que executar 8 actuacións,
das que a día de hoxe 7 xa están rematas; mentres que das prevista a acometer
polo Ministerio de Fomento a metade delas (3) aínda están sen rematar e faltan
precisamente dúas das máis importantes para a efectiva vertebración da zona,
como son as autovías do Cantábrico e do treito San Cibrao-Barreiros.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



