Nota de prensa
O Hospital da Costa expresa o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que colaboraron cos actos de celebración do seu 25º Aniversario
Luns, 9 de maio de 2011. Os membros da comisión organizadora dos actos de celebración do 25º Aniversario do Hospital da Costa de Burela queremos agradecer a todas as persoas, empresas e institucións que colaboraron dalgún xeito con este evento, xa sexa por medio dunha achega económica ou con aportacións de material gráfico, artigos, cartas, datos ou horas de traballo sacadas do seu tempo libre. Desde esta comisión, formada en outono de 2010 por traballadores de todos os ámbitos do Hospital, organizamos esta festa de celebración das nosas “Vodas de prata”. Para isto, ademais de editar o noso Libro Conmemorativo, realizamos a exposición fotográfica “As imaxes da nosa historia”, elaboramos un DVD obsequio con imaxes do persoal que pasou polo centro nestes 25 anos, e organizamos un concurso de debuxo e de relato corto para os nenos e nenas dos centros escolares da Mariña, ademais dun partido de fútbol entre traballadores do Hospital da Costa e a Unidade de Xestión de Ferrol, e dunha conferencia sobre “Un día na residencia” impartida polo Dr. Fernández Álvarez e a Dra. Rodicio. Por outra banda, aínda está por determinar a data dunha festa popular que realizaremos para todos os veciños da Mariña nos vindeiros meses.
Como colaboracións especiais, os membros da comisión organizadora do 25º Aniversario expresamos o noso agradecemento a Chencho Pardo pola elaboración desinteresada e inmediata do marabilloso logotipo conmemorativo deste evento. Tamén a Alfonso Bueno, antigo Director de Xestión deste centro que aportou a maior parte do material gráfico das primeiras épocas do Hospital da Costa, e a Miguel Blanco porque nos facilitou, ademais dos planos, as fotografías da evolución do centro.
Agradecemos tamén a Blanca Reimunde, Hugo Bernardo, Marta Serrano, Ricardo Rojo, Conchi Chas e Ana Rodríguez pola colaboración entusiasta que mostraron nestes meses, que fixo que terminaran pertencendo pleno dereito a esta comisión organizadora aínda sen pertencer inicialmente á mesma. E por suposto, e por encima de todos eles, queremos dar as grazas a Blanca Díaz Reimunde, sen cuxo duro traballo tanto no libro conmemorativo como na exposición fotográfica “As imaxes da nosa historia”, estes nunca terían visto a luz.
Damos as grazas pola axuda económica á Fundación Alcoa, que posibilitou por unha banda a realización da exposición fotográfica “As imaxes da nosa historia” por medio de 28 “plans Bravo”, e por outra a edición do libro conmemorativo, a través dun “plan Acción”. Con este libro tamén colaborou a Deputación Provincial de Lugo. Os agasallos para os nenos e nenas cuxos debuxos e relatos resultaron premiados estiveron financiados polo Concello de Burela. Tamén colaboraron economicamente coa realización destes actos a Chave de Ouro, Roche Farmacéutica, Lifescan, Remeco, Roche Diagnostics, Reference Laboratory, Promedisa, Siemens,St. Jude, Aventis, Bio-Rad, Kiosco Ana, Twity, Gráficas Arfe, Lavachel, Funeraria Burela, Gráficas Agustín Paz, Escolma de Meus, Aspanane, Fundación Eu Son, Platería David, Joyería Kessarys, o coro e a orquestra da Escola Municipal de Música de Burela e Puerto de Celeiro.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



