Nota de prensa
Os populares queren que Burela volva a ser referente en materia medioambiental.
Un centro de interpretación da zona xeolóxica, obxectivo para os vindeiros catro anos.
Retomarán e desenvolverán a Axenda 21.
Burela, 10 de maio de 2011.- O PP de Burela quere que o concello volva a ser o referente medioambiental que foi no seu día a nivel galego e mesmo nacional, e que consideran que se tén absolutamente perdido. Desde o PP aseguran que os anos nos que representantes do concello de Burela participaban en foros medioambientales, como en CONAMA en Madrid, foron os máis fructíferos xa non en materia de medioambiental, senon en promoción turística. Mesmo representantes de Ecuador se tiñan desplazado a Burela para coñecer a expericiencia que se estaba a levar a cabo no noso concello.
Para os populares, da xestión do bipartito nestes catro anos só se salva a recollida de aceites, porque facer un día sen coches cando non se fixo nin un só metro de carril bici, ainda que estaba prometido, non tén moito sentido.
Desde o PP apostan por retomar e desenvolver a Axenda 21, absolutamente parada desde hai tres anos e medio, porque consideran que é unha ferramenta importantísima para, por unha parte, e a través do Foro 21, levar a cabo un canle de participación cidadá, e, por outra, establecer as actuacións a levar a cabo para o desenvolvemento do concello e fixar as prioridades.
Ademais, os populares apostan por promocionar a zona xeolóxica de Castrelo e O Perdouro, retomando a declaración de Espacio Natural de Interese Local desa zona, e programando a construcción dun Centro de Interpretación da mesma, que se ubicaría nas inmediacións da rotonda do acceso ó porto próxima a ABSA. Este Centro tamén serviría como espacio físico para a Aula GAIA, creada durante o goberno municipal do PP, a efectos de exposicións, etc., porque o PP aposta porque GAIA continúe o seu labor nos centros de ensino.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



