Nota de prensa
In Lugo acolle a presentación dun novo servizo de atención a maiores e dependentes a través de Internet
– Unha vintena de traballadores sociais e representantes de empresas acudiron á demostración, que responde ós obxectivos do centro de desenvolver e probar novidosos produtos e servizos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas
– Un grupo de investigación da Universidade da Coruña deseñou o dispositivo presentado, que posibilita ós usuarios manter a través da Rede unha comunicación audiovisual directa e as 24 horas do día cun servizo asistencial
– O Centro de Innovación Social organiza o sábado un taller gratuíto para ensinar a empresarios e emprendedores como sacarlle o máximo proveito ó uso dos blogs no seu negocio. Hai 50 prazas dispoñibles
O Centro de Innovación Social In Lugo acolleu este martes a presentación dun novo servizo de atención domiciliaria dirixido ás persoas maiores e dependentes baseado en Internet. Trátase dun dispositivo denominado “Telexerontoloxía” que foi desenvolvido pola Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña co financiamento do Ministerio de Traballo, e que permite ós usuarios manter unha comunicación audiovisual directa e permanente -as 24 horas do día- cun servizo asistencial a través da Rede, utilizando para elo a liña de teléfono convencional e o televisor. Entre outras posibilidades, poden realizar consultas médicas en directo, sesións de rehabilitación e exercicios, ser valorados por persoal médico ou facer chamadas de emerxencia. O servizo tamén inclúe un sistema de localización e telealarma.
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu á vintena de persoas que asistiron á demostración, entre traballadores sociais de seis concellos da provincia, representantes de empresas e integrantes de diversos colectivos, entre eles Cruz Vermella. A sesión responde ós obxectivos de In Lugo, impulsado pola Deputación, de desenvolver e probar novidosos produtos e servizos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas.
O catedrático de Xerontoloxía e Xeriatría José Carlos Millán Calenti, director do grupo de investigación que deseñou o dispositivo, foi o encargado de facer a presentación. Este novo servizo de atención domiciliaria está deseñado, desenvolvido e fabricado en Galicia e nace froito da evolución da teleasistencia clásica, apoiándose nos avances das tecnoloxías da información e a comunicación. Coa súa implantación favorécese que as persoas maiores e dependentes pasen máis tempo no seu domicilio, evitando o seu internamento en centros residenciais.
Este é o segundo servizo que se presenta no Centro de Innovación Social (CIS), trala demostración celebrada en febreiro da aplicación “Cuidado myJoice”, ideada pola empresa lucense Colabora Ingenieros, que permite ó usuario ver na pantalla da televisión a foto da persoa que o está chamando por teléfono e falar con ela, sen ter que moverse do sofá ou da cama.
Catro talleres esta semana
Co fin de achegar as novas tecnoloxías ós lucenses, fomentar o envellecemento activo e impedir o illamento dos veciños da provincia, In lugo -promovido polo organismo provincial e cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% a través do Plan Avanza- organiza actividades de formación e divulgativas totalmente gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Esta semana haberá catro cursos:
– Taller de iniciación á informática: Comezou o luns e continuará hasta mañá, en horario de 16:00 a 18:00 horas. Ten 15 prazas.
– Taller para aprender a manexar o e mail e os buscadores de Internet: O mércores e o xoves, de 12:00 a 13:00 horas. 15 prazas.
– Taller de redes sociais: De mércores a venres, en horario de 10:00 a 12:00. 15 prazas.
– Curso de OpenOffice: Entre o mércores e o venres, de 18:00 as 20:00 horas. 15 prazas.
Ademais, o sábado, a partir das 11:00 horas, celebrarase unha xornada na que se mostrará a empresarios e emprendedores como manexar un blog e como sacarlle o máximo proveito para o seu negocio, pois trátase de plataformas que permiten fidelizar clientes e manter unha interacción continua con eles. A actividade, que conta con 50 prazas, é gratuíta. Será impartida por Pedro Silva, o creador de “blogagliza.org”, un dos maiores xestores de bloques de todo o país e o maior nos de idioma galego.
Por outra banda, mañá mércores concluirá o curso de fotografía réflex que se viña impartindo dende o pasado 2 de maio no telecentro da Fonsagrada.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



