Nota de prensa
BURELA É AGORA O REFERENTE DEPORTIVO DA MARIÑA E O BNG APOSTA POLA CONTINUIDADE DOS APOIOS AO DEPORTE DE BASE E AO DEPORTE PROFESIONAL
A política deportiva do BNG durante estes catro anos de goberno municipal orientouse a garantir o acceso á actividade físico-deportiva para todos os cidadáns e cidadás coa adecuada supervisión técnica, a promocionar e coordinar o tecido asociativo deportivo, a prestar unha especial atención ao deporte escolar e de base optimizando as infraestruturas existentes e a apoiar o deporte de competición como estímulo e complemento da actividade físico-deportiva.
Despois do abandono no que se atopaba o deporte na época do Partido Popular, apostamos dende o goberno municipal pola implicación de todos os sectores sociais (clubs, asociacións e colectivos deportivos) no deseño e desenvolvemento da política deportiva do concello coa creación das Escolas Deportivas Municipais, con persoal municipal cualificado e oferta gratuíta das actividades, e cos convenios cos clubs de fútbol, fútbol sala e baloncesto para a consolidación do deporte de base (aportamos máis de 200.000 € en catro anos para estes clubs).
Porque as apostas do BNG polo deporte de Burela son claras e en materia de instalacións xestionamos diante da Dirección Xeral do Deporte da anterior Xunta de Galiza unha importante aportación económica (180.000 €) para a mellora e ampliación do Pavillón Vista Alegre, construímos na Marosa o primeiro campo de herba artificial da Mariña, melloramos os pavillóns deportivos con novos equipamentos (grada móbil, megafonía nova, máis marcadores, canastras de minibasket, locais para almacéns…), melloramos o campo de fútbol da Marosa e o Pavillón Vista Alegre con placas térmicas e fotovoltaicas para o aforro enerxético e construímos unha pista de pádel na Marosa.
Pero aínda podemos facer máis e o BNG aposta tamén pola construción dun novo complexo deportivo, polo impulso ao porto deportivo en Burela, pola mellora do pavillón dos Castros e pola consolidación de deportes máis minoritarios que se están desenvolvendo no noso concello e que apoiamos decididamente nestes catro anos de goberno municipal (ximnasia rítmica, artes marciais, ciclismo, motociclismo…), ademais de continuar e ampliar a oferta deportiva das Escolas Municipais e de consolidar os convenios deportivos cos clubs.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



