Nota de prensa
O PP da Mariña, de ser o caso, propiciaría que gobernarse nos distintos concellos da comarca a lista máis votada e reclama a socialistas e nacionalistas o mesmo trato
BALSEIRO INSISTE EN QUE SE DEIXE GOBERNAR AO PP NOS CINCO CONCELLOS NOS QUE OBTIVO MAIOR NÚMERO DE VOTOS: FOZ, MONDOÑEDO, RIOTORTO, VIVEIRO E O VALADOURO
O dirixente popular chama a atención ao BNG para que non sirva de “muleta” dun PSOE que pouco a pouco “fagocita” aos nacionalistas e que se vale dos seus votos para manter un xeito de facer política ao estilo de Zapatero que os cidadáns xa dixeron que non compartían.
A Mariña, 4 de xuño de 2011.- O PP da Mariña, de ser o caso, propiciaría que gobernase nos distintos concellos da comarca a lista máis votada e por iso reclama ao resto das forzas políticas que fagan o mesmo. Esto implicaría que o PP acadaría cinco alcaldías nos concellos de Foz, Mondoñedo, Riotorto, Viveiro e volvería a encabezar a opción de goberno no Valadouro.
O secretario xeral dos populares lucenses continúa no seu empeño de reivindicar, “sobre calquera alianza doutros partidos perdedores”, o dereito do PP a formar goberno alí onde foi a opción política máis votada. Unha expectativa reforzada aínda máis tendo en conta a negativa do BNG a conformar pactos globais co PSOE e o fracaso electoral dos bipartitos, que alí onde gobernaron na pasada lexislatura perderon votos.
CHAMADA DE ATENCIÓN AO BNG
Balseiro lémbralle aos nacionalistas que apoiar aos candidatos de Zapatero para gobernar en contra da lista máis votada está restándolle votos elección tras elección. Para o dirixente popular, eses pactos dos nacionalistas cos socialistas de reeditarse farán que o PSOE arrastre na súa caída ao BNG. O Bloque, que era a principal forza de oposición en Galicia ata o ano 2005, está limitando o seu papel en moitos concellos ao de “muleta” dun PSOE que pouco a pouco “fagocita” aos nacionalistas e se vale dos seus votos para manter un xeito de facer política ao estilo de Zapatero que os cidadáns xa dixeron que non compartían.
Os populares auguran que de reeditarse os bipartitos, e impedir que o PP goberne nestes cinco concellos producirase “un divorcio” das forzas do bipartito e a sociedade mariñá e por iso pídelles que asuman o seu papel de oposición naqueles lugares nos que os veciños non lles deron o seu voto. “En lugar de aupar á alcaldía a unha forza perdedora, deben respectar a opinión da maioría dos veciños e permitir un goberno do PP, en sintonía ademáis co existente na Xunta de Galicia”
ANÁLISE POLO MIÚDO
Jose Manuel Balseiro fixo unha análise máis polo miúdo da situación política destes cinco concellos. Así no tocante a Foz sinalou a importancia histórica do castigo electoral recibido polos socialistas– despois de moitos anos de goberno- e subliñou que non tería sentido non escoitar a mensaxe nítida dada polos veciños e que pasa por botar da alcaldía non só a Jose María García Rivera, senón tamén ás políticas desenvolvidas polo PSOE.
No caso de Mondoñedo e Riotorto, o secretario xeral dos populares lembrou que un puñado de votos afastan ao PP da maioría absoluta, un respaldo popular moi significativo que deslexitima aos partidos perdedores na súa intención de volver a unirse. Balseiro explica que a perda de votos do bipartito nestes dous concellos supón que os veciños non queren un pacto que se basea unicamente en intentar que o PP non goberne, pero que despois non se materializa no traballo diario, xa que os pasados catro anos tanto en Mondoñedo como en Riotorto foron, pola falta de xestión municipal, tempo perdido.
En Viveiro tampouco sería de recibo que o BNG servira de “plataforma” para que o PSOE continuase na alcaldía, sobre todo tendo en conta que os veciños deste concello non só fixeron que o PSOE perdera un número considerable de votos, senón incluso o alcalde xa non sexa nin tan sequera a primeira forza política. Os populares creen que de apoiar a Roel o BNG sería corresponsable dos desatinos na xestión do PSOE, e apoiaría tamén as políticas socialistas que nos levaron a afondar na crise.
No caso do Valadouro Balseiro sostén que por algo será que os veciños deste concello levan 24 anos apostando polo PP como primeira forza política e que, respectar a súa vontade, implica permitir que os populares poidan continuar como forza de goberno. O secretario xeral popular considera que O Valadouro ten moito que gañar cun alcalde capaz de negociar coa Xunta de Galicia e co futuro goberno central, ambos moi probablemente da mesma cor política.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



