Nota de prensa
Se os deixan gobernar como lista máis votada
O PP COMPROMÉTESE A REBAIXAR O GASTO DAS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS TANTO EN NÚMERO COMO EN CUSTE
A situación da Facenda municipal obriga a un exercicio responsable de austeridade e control do gasto.
O cabeza de lista do BNG accedeu a reunirse co PP onte luns e comprometeuse a estudar a oferta dos populares para conformar o futuro goberno local.
Mondoñedo, 07 de xuño de 2011.- O Partido Popular de Mondoñedo comprométese a, se os deixan gobernar como lista máis votada, reducir o gasto das dedicacións exclusivas dos membros do equipo de goberno tanto no seu número como no seu custe, o que suporía un considerable aforro para as arcas municipais. Os populares creen que a situación da Facenda local e o contexto global de crise económica obriga a efectuar un exercicio de responsabilidade que pasa ineludiblemente polo control do gasto e a austeridade. “Canto menos gastemos no goberno, e máis nos servizos e obras que se lle prestan aos veciños, moito mellor”.
Este foi a nova proposta efectuada pola alcaldable popular Elena Candia a poucos días da configuración da nova corporación municipal prevista para a sesión plenaria que terá lugar este sábado. E esta tamén era unha das principais novidades que tiña intención de trasladar o PP ao PSOE e ao BNG nas reunións convocadas con ambas forzas políticas para o día de onte, luns 6 de xuño, e á que finalmente tan só acudiu Orlando Expósito do Bloque Nacionalista Galego.
A edil que encabezou a lista electoral con máis apoio entre os veciños de Mondoñedo, Elena Candia, lamentou que o PSOE nin tan sequera estea pola labor de reunirse e agradeceu, pola contra, a asistencia do cabeza de lista do BNG a quen quixo explicarlle o contido do denominado “pacto polo futuro de Mondoñedo”. Lembremos que a oferta popular incluía incluso a posibilidade de que, se o PP accede á alcaldía como forza máis votada, estaría disposto a darlle espazo a PSOE e BNG tanto na Comisión de Goberno como, no seu caso, nun hipotético goberno local (cedéndolles algunha concellaría). A edil popular sinalou que o cabeza de lista dos nacionalistas comprometeuse a estudar a proposta e falalo co seu grupo municipal, polo que están á espera da súa resposta.


















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



