A Deputación executou 1.800 obras nos Concellos coas últimas convocatorias do Plan de Comunidades Veciñais
– Martíñez salientou que a institución investiu 9 millóns de euros nestas actuacións que foron realizadas nos 67 Concellos da provincia, “sen facer distincións por cores políticas”
– Os 295 colectivos beneficiados das axudas de 2011 teñen de prazo ata o 30 de setembro para entregar a documentación requirida e xustificar as actuacións levadas a cabo
– A Xunta de Goberno aproba o último trámite para aforrar 73.000 euros a Mondoñedo asumindo obras municipais que comezarán “de xeito inmediato”, e concede máis de 42.500 euros a Viveiro para novas actuacións
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, fixo balance este venres das obras levadas a cabo pola Deputación coas últimas convocatorias do Plan de Comunidades Veciñais. Martínez salientou que, nos últimos 4 anos, a institución provincial adicou 9 millóns de euros na execución de 1.800 obras nos 67 Concellos lucenses, é dicir, “non se fixeron distincións por cores políticas, feito que nos diferencia da anterior corporación provincial”.
O tamén Deputado de Xestión Territorial avanzou que o 100% das subvencións concedidas en 2008 e 2009 están aboadas, ó igual co 90% das do ano anterior, á espera de recibir a documentación requirida dos colectivos beneficiados que pediron prórroga para culminalas. Ó respecto das 295 axudas de 2011 dotadas de 2,3 millóns de euros que tamén están a ser aboadas, Martínez destacou que segue aberto o prazo de xustificación polo que as asociacións (outras 295) poden remitir á institución a documentación que recolle as bases ata o 30 de setembro.
O esforzo inversor que realiza o organismo provincial co Plan de Comunidades Veciñais materializase en pequenas obras municipais tales como abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeados públicos ou acondicionamentos de camiño rurais, que os Concellos non poden asumir debido á crise. Estas subvencións, que non supera nos 12.000 euros, representan o 75% do total, de xeito que o 25% restante é aportado polos colectivos veciñais.
Precisamente, a Xunta de Goberno deste venres aprobou a conta xustificativa da obra “renovación e redimensionado da rede de abastecemento no núcleo de Zoñán”, na parroquia dos Remedios, en Mondoñedo. Trátase dunha actuación dotada de 16.000 euros, dos que 12.000 euros foron concedidos pola institución. Tamén se acordou revogar unha subvención para mellorar un camiño rural en Carreteira, en Vilalba, logo de transcorrer 2 anos e non ser xustificada. A maiores, aprobouse a renuncia da axuda para o acondicionamento dun local social presentada polo colectivo beneficiado “por non poder xustificar a súa realización”.
Obras na Mariña
O voceiro provincial socialista adiantou que de xeito inmediato, a comezos da semana que vén, a institución comezará a executar novas actuacións no Concello de Mondoñedo. Trátanse de obras de mellora nos accesos ás localidades de San María Maior a Curros, Coto-Seivane-Cemiterio, Prados e Campos, Sopena, Escola e Carmen, Fernando Castro-Vilalba-Seminario-Buenos Aires e Argomoso. Para elo, a Xunta de Goberno resolveu o último trámite pendente: a aprobación dos plans de seguridade e saúde.
Martínez subliñou que o Concello mindoniense solicitou axuda á Deputación para levar a cabo estas actuacións de carácter municipal, ó que a institución respostou asumindo os 72.823 euros para a súa execución, aforrando este custe ás arcas locais e beneficiando ós centos de veciños que demandaban estas obras ó seren usuarios habituais de ditos accesos.
Tamén para a Mariña, neste caso para o Concello de Viveiro, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de 42.527 euros que se adicarán á pavimentación, rede eléctrica e pluviais en Covas. Este orzamento procede dos remanentes do convenio de 1 millón de euros, enmarcado no Plan Extraordinario de Obra Pública, coa que a Deputación executou 21 obras municipais no municipio viveirense. “Agora, froito das boas xestión realizadas, facemos posible a realización doutra nova actuación en beneficio dos nosos veciños”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



