Nota de prensa:
A DEPUTACIÓN DE LUGO PORÁ EN MARCHA 500 NOVAS PRAZAS DE RESIDENCIA PARA MAIORES NOS VINDEIROS DOUS ANOS
A Xunta de Galiza tería que aumentar nun 100% as prazas de centros de día para cumprir a ratio que estabelece a súa propia normativa, no Mapa Galego de Equipamentos Sociais
Lugo conta con 98.268 persoas maiores de 65 anos que só dispoñen de 985 prazas en centros de día e 3.685 prazas en centros residenciais
Lugo, 5 de agosto de 2011. O vicepresidente da Deputación Antonio Veiga aproveitou a comparecencia de prensa logo da Xunta de Goberno da Deputación para denunciar o déficit da provincia de Lugo en materia de equipamentos sociais. Neste sentido, Veiga indicou que “a situación é particularmente preocupante no que ten a ver co colectivo de persoas maiores de 65 anos e co colectivo de persoas con discapacidades. Hai que ter en conta a pirámide demográfica da nosa provincia e o peso a poboación que se atopa en situación non activa, xa que actualmente Lugo conta con 98.268 persoas maiores de 65 anos”.
Neste sentido hai que destacar que Lugo conta a día de hoxe con 985 prazas de centros de día, o que supón unha cobertura do 1% dos potenciais usuarios, se ben esta cifra non cubre a ratio de cobertura mínima do 2% que estabelece o Mapa Galego de Equipamentos Sociais”. Outro tanto, continuou Antonio Veiga, acontece “cos centros residenciais, onde a provincia conta con 3.685 prazas sendo a cobertura actual moi distante do 5% mínimo fixado polo Mapa Galego de Equipamentos Sociais, aprobado en 2007 pola Xunta de Galiza. Tanto é así que a día de hoxe, para cubrir eses mínimos estabelecidos pola administración autonómica, teríanse que poñer a andar 1.228 prazas novas”.
Antonio Veiga demandou “un gran acordo entre a Xunta de Galiza e a Deputación de Lugo para rematar co atraso en materia de equipamentos sociais”, e ao mesmo tempo criticou “a falla de compromiso da actual administración autonómica cos equipamentos para maiores, o que contrasta co esforzo realizado polo goberno bipartito e a propia Deputación de Lugo”. Tanto é así que, segundo indicou Veiga “que en materia de centros de día, a ratio de partida en 2007 era do 0.17% correspondéndose a ratio actual do 1% coas actuacións programadas antes de marzo de 2009. Outro tanto acontece coas 798 prazas de residencia postas en funcionamento desde 2007”. A este respecto, debemos considerar –sinalou Veiga- “os máis de 8 millóns de euros que a Deputación de Lugo ten previsto investir no exercicio de 2012 e 2013 en materia de centros residenciais coa construción de 8 grandes equipamentos noutros 8 concellos de Lugo, o que significará a creación de preto de 500 novas prazas de residencia para persoas maiores”.
Veiga remarcou o “noso compromiso cos servizos sociais básicos na medida de que estes son un factor de crecemento económico e tamén un instrumento para reducir as desigualdades sociais”. Antonio Veiga lembrou “que as altas taxas de emprego dos países do norte e do centro de Europa fundamentalmente están ligados ao que se ben chamar economía do benestar”. “A verdadeira crise, para nós, é a falla de emprego e desprotección social, non a prima de risco nin outros conceptos da xerga neoliberal que na práctica operan como coartada para aumentar a fenda social, polo que nos preocupa particularmente o plano de axuste que vén de anunciar o presidente da Xunta de Galiza, Núñez Feijóo, na medida en que unha parte dos 122 millóns que se reducen no orzamento autonómico van necesariamente repercutir no gasto social”, indicou Veiga.
Dentro dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, Antonio Veiga informou da aprobación dun convenio co Concello de Monforte de Lemos, por un importe de 26.500 euros, para a adecuación da torre da homenaxe para albergar a exposición permanente sobre o Reino de Galiza que recalou en Monforte logo de estar circulando por todo o país. Desta maneira esta exposición, de grande importancia polo seu contido cultural arredor da nosa nación, poderá ser visitada permanentemente nun lugar idóneo, polo que ten que ver coa historia de Galiza, na torre da homenaxe de Monforte.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



