A mesma pedra
Cando alá polo remate do s.XIX Galiza non soubo xogar as súas bazas para se incorporar ao tren do progreso, varios foron os factores que acabaron frustrando a unión coa meseta, e a conexión das distintas cidades do país, por ferrocarril: o localismo, o centralismo, a conxuntura económica e a falta de peso político específico.
Agora, a comezos do s.XXI, de novo o noso país se ve abocado a unha situación crítica. Moito máis tarde ca outros (non así os nosos impostos: tan puntuais como os dos demais), pero á fin semellaba que o AVE ía estar listo ao longo dos anos 10. Así o acordaron no Pacto do Obradoiro PP e PSOE. Que os dous partidos maioritarios selen tal acordo parecería dar garantías de suficiente peso político específico para defender o AVE (cousa que nos faltou hai uns cen anos). Pero logo se encargaron uns e outros de andar en leas por puro interese político partidario.
Negar o esforzo inversor do ministerio de Fomento no AVE galego nos últimos anos sería absurdo. Pero fiar o futuro do mesmo á palabra dun ministro, de pouca madurez; por moi galego que sexa. Agora ben, deixalo todo en mans dun hipotético goberno amigo sería infantil e ademais supoñería tropezar dúas veces coa mesma pedra. Lembremos o ano 1996 e seguintes. A vitoria de Aznar víase cantada. Pero ao remate catalán na intimidade. E quen sabe, ao mellor igual nesta ocasión se pecha o pacto tamén cun culín. A Esperanza Aguirre dis que lle gusta moito a sidra!
Soan ventos hipócritas criticando as inversións no AVE galego por non ser rendíbeis. Desde logo, quen critica o AVE galego é porque pensa no Mediterráneo. O mesmiño que cando as autovías. A maior abondamento, a reforma express e a dous da Constitución tamén podería supoñer unha traba máis no desenvolvemento das obras; igual algúns se ven tentados a empregar tal argumento para retraer fondos do AVE galego (por consideralo deficitario) ou modificar á baixa os proxectos iniciais.
Volver fialo todo ao goberno amigo supoñería un erro enorme que nos deixaría de novo sen peso político específico. E sería ademais dobremente amargo por tropezar dúas veces coa mesma pedra, como en 1996. Fagámonos escoitar o 20N.
Farruco GRAÑA





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



